Saltar navegación

Accesibilidade

Recursos tecnolóxicos NEE. INTEF

Para traballar con diferentes recursos, entre eles apps, é de vital importancia adaptar a contorna de acceso aos medios tecnolóxicos que imos empregar co noso alumnado.

Ter un bo recurso non é de utilidade, se non é accesible. Por este motivo, achegamos un curso do INTEF en formato e_pub no que se aborda o acceso e o uso do ordenador para o alumnado con NEE.

Para poder visualizalo tedes que descargar o programa Calibre portable .

 Preme na imaxe para acceder á descarga

Na seguinte lapela tedes o documento Recursos NEE

Recursos NEE.

Este recurso está en e-pub, para poder visualizalo tedes que convertilo en pdf.

Para iso tedes que descargar a aplicación calibre de libro electrónico, e buscar a extensión do arquivo .pdf

Teclado Virtual

 VirtualKeyboard 

Permite a escritura de textos mediante calquera dispositivo capaz de controlar o cursor da pantalla e dá continuidade ao rato virtual HeadMouse.

Incorpora funcións predictivas que permiten aforrar ata un 40% as pulsacións de teclas para escribir textos, moi interesante para o alumnado con hipotonía.

É de acceso libre e gratuíto e pode instalarse e executarse en calquera PC equipado co sistema operativo Windows desde http://robotica.udl.cat.
Web do proxecto e descarga do programa, vídeos e manual