blogue deAdmin

Xornada MIcolóxica

Como todos os anos por estas datas organizamos unha  "Xornada Micolóxica".... Tivemos unha charla onde nos explicaron moitas cousas dos fungos e despois, tamén coma sempre, fixemos unha saída para apañar cogomelos na que puxemos en práctica o explicado e, co que recollemos, fixemos unha degustación e unha exposición.

Velaí todo o que deu de si o día!CansoPremede no enlace

 

 

 

TALLER DE COCIÑA CREATIVA

 

O venres 18 de outubro os alumnos de Educación Infantil e Primaria tivemos un curso de cociña creativa a cargo da Diputación de Lugo.

Aprendemos a facer moitas cousas novas e tamén a presentar dunha maneira máis orixinal pratos tradicionais. Estivo moi entretido e aos nosos compañeiros maiores gustáronlles moito as nosas elaboracións que lles ofrecemos a probar ese día na hora do recreo.

Botade unha ollada AQUÍ para coller ideas.

CansoCansoCansoCanso

 

O QUE ARDE

Ooooola!

O día 18 de outubro fomos a Lugo a ver a proxeción dunha película rodada na nosa terra que se titula O que arde e contamos coa presenza do seu director Oliver Laxe, que nos fixo unha pequena presentación da mesma.

Velaquí a foto dese díaGuayGuay

 

 

Despois da peli, leváronnos a unha "Escape room" onde vivimos unha experiencia nova facendo un xogo de escapismo. 

Foi un día moi intenso e pasámolo de CINE!!!!!!!GuiñoGuiñoRisaRisa

Aqui podedes ver algunha imaxe máis.

O noso Entroido!!!!

 

Este ano para celebrar o Entroido decidimos facer un pasarrúas pola vila ata as pallozas onde celebramos a nosa festa, desgustando doces típicos e recitamos os tradicionais "Sermois".

 

Xa de volta no colexio prendémoslle lume ao "Meco".

 

Pincha AQUÍ  para ver que ben o pasamos.

 

Nada por aquíííí, naaaada por alááá.......

 

No mes de febreiro fixemos un taller de maxia no que aprendemos un montón de trucos para converternos en verdadeiros Harry Potter!!!!...

Podedes velo nas seguintes Fotos

 

UN CONTACONTOS MOI "NATURAL"

 

Recibimos no CPI de Cervantes a visita de Anxo Moure e o " Carballo con botas"

 

Pincha na imaxe para ver o ben que o pasamos!!!!!RisaRisa

 

TALLER DE COCIÑA ECOLÓXICA

 

 O día 3 de febreiro fixemos no colexio un taller de cociña ecolóxica dentro das "Actividades da Reserva da Biosfera" patrocinadas pola Diputación de Lugo.

Ese día os nenos e nenas de Infantil e Primaria fixeron de chefs por un día e foron os encargados de preparar o menú para todos cos productos da zona.

Foi unha experiencia deliciosa e moi saudable!!!!!Canso

 

Para ver todo o noso traballo PINCHA AQUÍ

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer