Actuacións
Recital poético polo Día de Rosalía
O Departamento de Dinamización Lingüística conmemorou o Día de Rosalía cun recital poético.
Silverius de Ura en Cervantes
Jesús Silverio Cavia, máis coñecido polo seu nome artístico Silverius de Ura, veu ao noso cole! Foi unha delicia escoitalo! Coa súa voz, coa súa música, cos seus "estraños" instrumentos... puxo a traballar a nosa imaxinación, e levounos de viaxe a unha chea de sitios sorprendentes!
Moitas grazas a ANPA do CPI de Cervantes por traernos este concerto!
Nada por aquíííí, naaaada por alááá.......
No mes de febreiro fixemos un taller de maxia no que aprendemos un montón de trucos para converternos en verdadeiros Harry Potter!!!!...
Podedes velo nas seguintes Fotos
Próximo HIT da montaña: A ABELLA EREA
Coa coloaboración do cole do Courel, coa voz máxica de Bea e as voces dos artist@as de infantil e primaria, presentámosvos "A abella Erea".
Non perdades detalle xa que ao final atoparedes a nosa mensaxe reivindicativa en contra dos lumes que tanto dano fixeron na nosa terra.
UN CONTACONTOS MOI "NATURAL"
Recibimos no CPI de Cervantes a visita de Anxo Moure e o " Carballo con botas"
Pincha na imaxe para ver o ben que o pasamos!!!!!
Mircromina Títeres
Mircromina TÍTERES fixeron unha gran actuación onde nos fixeron rír ata chorar!!!
ChristianMagic!
O Mago Christian deixounos coa boca aberta cos seus trucos de maxia!!
Contacontos Contín Contón
Visitounos unha contacontos por cortesía da librería Biblos. Fixonos dous talleres, un para infantil e o 1º ciclo de primaria e outro para 2º e 3º ciclo de primaria. Logo relatounos o conto de "Contín Contón". ENCANTOUNOS!!