Excursións
ROTEIRO DOS REBOLOS (EN PIORNEDO)
O día 22 de marzo fixemos un roteiro en Piornedo. Fomos na busca dos rebolos, unhas árbores como "catedrais"!
Neste vídeo podedes ver un resumo deste roteiro, e podedes escoitar as explicacións de Óscar, Técnico da Asociación da Custodia do Territorio e da Fundación Oso Pardo, e de Isolina, veciña de Piornedo e gran coñecedora deste roteiro, e da súa historia.
Moitas grazas ao CDR Áncares por organizar esta xornada tan agradable!
Saída a Portomarín
Aproveitando a lectura do libro "O Misterio de Portomarín", de Antía Yáñez, o alumnado da ESO e 5º e 6º de primaria foi de roteiro literario pola vila de Portomarín e completaron un tramo do Camiño de Santiago.
E aproveitando o fermoso día que tivemos, @s de infantil, 1º, 2º e 3º fumos visitar as pontes e o Portomarín vello e o Museo da Historia de Automoción en Miniatura.
O mellor de todo foi pasar o día xuntos !!
Visita ao CIFP Politécnico e o Distrito Forestal
Este martes, o noso alumnado da ESO tivo unha visita guiada por todos os itinerarios profesionais que se imparten no CIFP Politécnico de Lugo. O Departamento de Orientación deste centro, en colaboración co do noso cole, explicounos como se organizan os diferentes ciclos formativos, como se accede aos mesmos, e que trámites son precisos para inscribirse ou matricularse. Así mesmo, mostráronnos as súas instalacións, e puidemos falar co seu profesorado, que compartiu con nós as súas experiencias e respondeu a todas as nosas dúbidas.
E outra das visitas deste día foi ao Distrito Forestal de Lugo. O seu técnico, Xabier Bruña, explicounos como se xestiona a protección do monte, e tamén nos falou dos nosos montes, os de Cervantes, que ocupan unha parte importante do concello, e son maioritariamente Montes Veciñais en Mao Común.
Moitas grazas pola acollida, e por todos os coñecementos compartidos con nós!
O QUE ARDE
Ooooola!
O día 18 de outubro fomos a Lugo a ver a proxeción dunha película rodada na nosa terra que se titula O que arde e contamos coa presenza do seu director Oliver Laxe, que nos fixo unha pequena presentación da mesma.
Velaquí a foto dese día
Despois da peli, leváronnos a unha "Escape room" onde vivimos unha experiencia nova facendo un xogo de escapismo.
Foi un día moi intenso e pasámolo de CINE!!!!!!!