Exposicións
PROTEXE AOS ANIMAIS!
Neste curso o noso cole articipou no proxecta "Protexe aos animais!". A profe Rocío encargouse de coordinalo e fíxonos un vídeo resumo de todo o traballo realizado. Canto aprendemos!
Día de Rosalía de Castro
O día 23 de Febreiro conmemoramos o día de nacemento da nosa escritora internacional, máis revolucionaria, visionaria, feminista e comprometida:
“Eu son libre, nada pode contar a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino”
A rapazada do Cpi de Cervantes traballou unha serie de poemas que plasmou nuns pétalos conformando varias flores, ademais de elaborar uns marcapáxinas con dúas das plantas escollidas do seu herbario: as rosas e o carballo, e coas que se agasallou a toda a comunidade educativa, porque febrero é o seu mes “eu nasín cando as prantas nasen”.
Unha de landras e castañas
Tivemos unha visital xenial dos Axentes Forestais dos Ancares. Plnatamos castañas e landras autóctonas para poder repoboar un anaquiño do que o lume nos quitou o pasado outubro. Esperamos que medren moito!!