blogue deAdmin
Dramatización radiofónica terrorífica en RADIO CASTAÑA 13:00 HORAS
Hoxe, en Radio Castaña, dramatización en directo por parte do alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria!
Escoita o programa a partir das 13:00 horas, hora meiga en Cervantes.
Proxecto Innovagal
Ola amig@s! Aquí vos deixamos un video resumo dalgúns dos proxectos que fixemos e seguimos desenvolvendo durante estos dous últimos anos. Presentámolo ós premios Innovagal a ver se soa a frauta.
Quen queira peixe que molle os pés!
Programa ORIENTALINE_Orientación académica e vocacional
Xa tedes á vosa disposición o acceso ao programa Orienta de orientación académica e profesional na súa versión online (Orientaline) para o curso 2022-23. Podedes acceder entrando no “Recuncho de orientación” da aula virtual do CPI de Cervantes, ou dende a páxina web do centro. Alí atoparedes cuestionarios, itinerarios e todo tipo de información sobre as posibilidades académicas e profesionais, bolsas de estudos e calquera outra información que vos poida interesar.
Podedes acceder premendo no link que aparece aquí:
Menús comedor escolar
*Menú actualizado no apartado NAIS/PAIS-COMEDOR ESCOLAR
Libros de texto E.Infantil e E.Primaria para o curso 2022/23
Para o vindeiro curso, os libros para 2º e 4º de primaria son iguais ós do curso pasado (mesmo ISBN)
Hai modificacións nos correspondentes a 1º, 3º e 5º de E.Primaria.
Se picades en "adxuntos" podedes descargar a relación de libros para o próximo curso.
Comedor escolar 2022/23
Boas, xa hai que ir preparando o próximo curso. Todo o alumnado matriculado no centro está admitido no comedor escolar. A formalización e entrega de documentos realizarédela na secretaría do centro do día 1 ó 6 de setembro. Nuns días chegaranvos por correo ordinario os anexos que debedes traer cubertos así coma a documentación que tedes que aportar.
Pasade un bo verán.
Unha vida no CPI de Cervantes
Toca despedirse do alumnado de 4º da ESO. Comezaron no CPI sendo ben pequeniñ@s mais agora tócalles continuar o seu camiño.
Atoparedes dificultades, con constancia sairedes adiante, pero sobre todo, non vos esquezades dos vosos valores nin das vosas raíces.
Un pracer coincidir neste camiño.
Déixovos un proverbio anónimo: "Non fagades como Pepito, o xenro da Grila, que cando tiña que estar de festa poñíase serio e cando había que estar serio andaba de festa"
Cada cousa no seu momento, a tope.
Proxecto Lanzadeiras-Horta e media
Este ano fomos seleccionados no programa Lanzadeiras co noso proxecto Horta e media. O alumnado cóntanos neste vídeo como sería a creación desta cooperativa e as distintas tarefas desenvolvidas polos grupos de traballo. Sen présa pero sen pausa, hai que andar.