|
|
Ola outra vez amiguiñ@s!! |
|
1º.- Observamos unha lámina dun cadro chamado “La vendimia o El otoño” que está en Madrid no “Museo del Prado”. Pintouno alá polos anos 1786 e 1787 un pintor español moi importante que se chamaba Francisco de Goya y Lucientes (1746-1828). 2º.- Comentamos todo o que vimos na obra: Un cabaleiro dándolle un acio de uvas a unha dama, un neno de costas que levanta os brazos porque tamén as quere coller,unha vendimadora cun cesto cheo na cabeza, outros vendimadores traballando, unha montaña, o ceo con nubes,… |
|
3º.- Fixámonos no colorido luminoso e sosegado, parece que nos dea paz ao contemplar o cadro.
|
|
Desexamos que vos gusten as nosa obras de arte. |
Curso 2009-10
2º pinta con GOYA
VISITA ÁS SALINAS ROMANAS DO AREAL DE VIGO
|
|
O pasado xoves, 15 de outubro, o alumnado de 3ºciclo fixemos unha saída didáctica para coñecer unha pequena parte da nosa historia: AS SALINAS ROMANAS DE VIGO (na rúa Rosalía de Castro). A exposición está moi ben feita e, de forma moi didáctica, acércanos a séculos pasados. A mágoa é que só recolle unha pequena parte do que foron estas salinas, xa que as obras encargáronse de destruílas. |
|
|
É moi bo que haxa estes Centros Arqueolóxicos para que poidamos saber o que facían os nosos antepasados. UNHA CURIOSIDADE: Sabedes de onde procede a palabra salario? Pois resulta que na época dos romanos era tan apreciado o sal que moitos traballos se pagaban con el e por iso se lle chama SALARIO. |
|
COÑECEMOS O NOSO CORPO
|
|
Ola a todos e a todas!!: Un novo curso comeza e nós xa estamos en 2º. Hai que ver como se complican os temas!! |
|
O que estamos a estudar agora é o corpo humano: o esqueleto e a musculatura, que..., por certo, vaia nomes tan raros! Aquí vos amosamos uns debuxos para que vexades o que aprendemos e tamén para que repasedes algúns nomes esquecidos. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5