2º pinta con GOYA

Título Arte na escola

 Ola outra vez amiguiñ@s!!
Os rapaces e rapazas de 2º amosámosvos as nosas “obras de arte”. Fixémolas con motivo da chegada do outono.  E todo aconteceu así:

1º.- Observamos unha lámina dun cadro chamado “La vendimia o El otoño” que está en Madrid no “Museo del Prado”.

Pintouno alá polos anos 1786 e 1787 un pintor español moi importante que se chamaba Francisco de Goya y Lucientes (1746-1828).

2º.- Comentamos todo o que vimos na obra: Un cabaleiro dándolle un acio de uvas a unha dama, un neno de costas que levanta os brazos porque tamén as quere coller,unha vendimadora cun cesto cheo na cabeza, outros vendimadores traballando, unha montaña, o ceo con nubes,…

3º.- Fixámonos no colorido luminoso e sosegado, parece que nos dea paz ao contemplar o cadro.


4º.- Tratamos de copialo poñéndolle o noso “toque” persoal.

 Debuxos do alumnado de 2º curso 2009-10

Desexamos que vos gusten as nosa obras de arte.
ADEUS!!!..