|
|
O día 23 de novembro os de 1º ciclo fomos cos de Paraixal ao teatro.
Para aproveitar a viaxe as nosas mestras decidiron levarnos á Fundación Caixanova.
Alí amosáronnos e explicáronnos tres cadros e unha escultura:
|
|
Por último, vimos unha escultura moi curiosa, eran bólas de billar de porcelana e representaban a alegría, por iso estaban cheas de cores brillantes. Despois desta clase cultural fomos ao teatro a disfrutar da obra, “Historias de un árbol milenario”. Unha árbore fantástica, a través de contos, historias e fábulas, trataba de facernos entender a importancia do bosque, dos animais e, sobre todo, o respecto a Natureza e a vida.
Pasámolo estupendamente e aquí vós deixamos uns debuxos do que máis nos gustou.
|
|
A d e u s s s s ! ! ! ! |
Curso 2009-10
PINTURA e TEATRO
1º XOGA NO MAGOSTO
|
|
O alumnado de 1º pasouno estupendamente na que foi a súa primeira Xornada de Xogos Populares no colexio. Así o expresaron cos seus debuxos:
|
SAMAÍN
|
|
O alumnado de 6º curso, celebramos o Samaín coa profesora de inglés. Durante unha semana estivemos decorando as clases (bruxas, pantasmas, cabazas, arañas, esqueletes ...), trouxemos o esquelete do colexio e vestímolo para a ocasión. Xunto coa profesora disfrazámonos de vampiros, zombis, bruxas ..., logo dixémoslle ao alumnado dos distintos cursos que foran buscar unha clase encantada. O chegaren á clase de inglés, levaban un gran susto, porque estabamos escondidos coa luz apagada e persianas pechadas. Despois de decir a palabra máxica, agasallámolos con caramelos. Finalmente fixemos fotos para recordar este momento divertido e de medo. |