|
DURANTE ESTE MES DE ABRIL O CONCELLO DE VIGO LEVA A CABO A CAMPAÑA "CONTaRTE" COA QUE ACERCA AO ALUMNADO AO MUNDO DO ARTE DUNHA MANEIRA LÚDICA E DIFERENTE E FOMENTA O HÁBITO LECTOR. O NOSO CENTRO TIVO A SORTE DE PODER PARTICIPAR NESTA CAMPAÑA. |
QON OLLO! foi o obradoiro para os máis pequenos e aquí tedes o que lles pareceu a eles. Hola amiguiños!!!!! Esta semana os nenos de 1º ciclo tivemos unha actividade moi divertida que nos regalou o Concello de Vigo. Raquel contornos o conto da Pulga e o Xigante. Despois debuxamos o percorrido que facía a pulga no conto nuns papeis especiais que nos deron. Pasámolo xenial. Ahí van as fotos. Ata a próxima!!!!!
|
|
Q NINPINTADO! foi o título do obradoiro para os maiores. A monitora Itziar, baseándose no libro titulado "Caderno do animalista", ensinounos a ver as obras de arte de outra maneira distinta e animounos a facer as nosas propias creacións con fondo de cadros coñecidos. O resultado foi que fixemos as nosas propias obras de arte ao mesmo tempo que nos divertimos moito cos nosos compañeiros mentras o elaborábamos PARA VER MÁIS FOTOS |
Curso 2009-10
CONTARTE
Cine en galego
|
Ola amiguiñ@s:
O venres 12 fomos ao cine Yelmox a ver o filme "Doraemon e o Imperio Maia". Gustounos moito. Trataba dun gato robótico, Doraemon, que tiña poderes máxicos e axudaba ao seu amo Nobita a recoller información sobre os antigos maias para facer unha obra de teatro na escola. Grazas aos inventos de Doraemon, Nobita e os seus amigos puideron viaxar ata o país de Mayana, onde os rapaces viviron divertidas e perigosas aventuras axudando ao príncipe Thio a salvar o seu Imperio Maia loitando contra a bruxa Ledina. |
Obradoiro de forxa para o 1º ciclo
|
|
Para acceder á galería de fotos pulsa AQUÍ | |
Nestes debuxos, feitos polo alumndo do 1º ciclo, quedou reflectida a visita a este Obradoiro de forxa. |