PINTURA e TEATRO

Título actividade

                       O día 23 de novembro os de 1º ciclo fomos cos de Paraixal ao teatro.

Para aproveitar a viaxe as nosas mestras decidiron levarnos á Fundación Caixanova.

Alí amosáronnos e explicáronnos tres cadros e unha escultura:
Un de Carlos Sobrino que trataba sobre a vida en Galicia fai uns 80 anos; era alegre e luminoso.
Outro de Castelao, bastante triste pois era dun emigrante que tiña que marchar a traballar fóra, as cores eran apagadas e escuras.
Un terceiro de R. Bóveda, un cadro abstracto, cheo de colorido e con moitas liñas e formas que nos recordaban a instrumentos musicais, de feito o pintor é violinista.

Por último, vimos unha escultura moi curiosa, eran bólas de billar de porcelana e representaban a alegría, por iso estaban cheas de cores brillantes.

Despois desta clase cultural fomos ao teatro a disfrutar da obra, “Historias de un árbol milenario”. Unha árbore fantástica, a través de contos, historias e fábulas, trataba de facernos entender a importancia do bosque, dos animais e, sobre todo, o respecto a Natureza e a vida.

Pasámolo estupendamente e aquí vós deixamos uns debuxos do que máis nos gustou.

Debuxos alumnado 2º 

A d e u s s s s ! ! ! !