|
|
O pasado xoves, 15 de outubro, o alumnado de 3ºciclo fixemos unha saída didáctica para coñecer unha pequena parte da nosa historia: AS SALINAS ROMANAS DE VIGO (na rúa Rosalía de Castro). A exposición está moi ben feita e, de forma moi didáctica, acércanos a séculos pasados. A mágoa é que só recolle unha pequena parte do que foron estas salinas, xa que as obras encargáronse de destruílas. |
|
|
É moi bo que haxa estes Centros Arqueolóxicos para que poidamos saber o que facían os nosos antepasados. UNHA CURIOSIDADE: Sabedes de onde procede a palabra salario? Pois resulta que na época dos romanos era tan apreciado o sal que moitos traballos se pagaban con el e por iso se lle chama SALARIO. |
|