Decembro 2020

Un libro, o mellor agasallo.

 

Este Nadal dende Biblio Caselles, ademais de desexarvos unhas felices festas, gustaríanos inspirarvos ca nosa árbore de Nadal. Unha árbore cargada de bos desexos en forma de libro. Desexos relacionados co noso proxecto: o comedor, dende o cal fomentamos os bos hábitos para o noso coidado e o coidado do planeta. Non credes que poderían ser un bo regaliño?

 

Derradeiro día con Luis "O Caruncho"

     Danos moita mágoa pero como normalmente se di...Todo o bo remata! Foron tres días estupendos onde creamos, compartimos, cantamos e rimos. Quedándonos, eso si, algo para sempre: esta grata experiencia e un aire espontáneo que seguro nos acompañará alá onde vaiamos. Agora somos improvisadoras e improvisadores de primeira Guiño

 

    Xa víchedes as fotos da primera sesión, pero aquí quedan un par máis da segunda e desta última:

*Segunda sesión:

 

*Terceira:

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer