O curso pasado, por mor do confinamento, non puidemos celebrar este día como acostumábamos. Pero si chegamos a realizar un vídeo no que se recollen as palabras que máis nos gustan en galego. Vídeo que queremos achegar novamente debido a que a Xunta e a RAG adiaron o acto oficial das Letras Galegas par este 31 de outubro. Desexamos que o desfrutedes unha vez máis.
Os nenos e nenas do CEP Plurilingüe CEP Caselles Beltrán recibiron unha pequena sorpresa polo "Día da biblioteca". Uncas escribiu unha carta para cada un dos cursos, onde nos anunciaba que se iniciaría o préstamo de libros e de paso nos preguntaba polos nosos gustos lectores. Aquí queda un vídeo a modo de resumo do día.
Boas nenos e nenas do CEP Pedro Caselles!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer