Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Peche perimetral Gondomar

Estimadas familias,

Aquel alumnado que teña o seu domicilio fóra do Concello de Gondomar, e acuda ó centro en transporte privado, se o precisa, pode solicitar entre hoxe e mañá en secretaría, telefónicamente de 12:30h a 13:30h, un certificado conforme está matriculado no centro.

Un saúdo,

Equipo directivo

 


 

Formación familias Aula virtual

Dado o interese das familias que acudiron ás dúas sesións de formación da pasada semana, gracias á colaboración de COCEMFE, poderán asistir, de novo, a unha charla formativa presencial na que se  traballará sobre o uso da Aula virtual do centro.

A charla correrá a cargo de Elena Borrego. Terá lugar o vindeiro martes 13 de outubro de 16:00 a 18:00h na aula de informática do centro e deberán acudir cos seus dispositivos (ordenadores, tablets, móbiles) de uso persoal.

Todas as persoas (1 membro por familia) que desexen asistir deberán anotarse enviando un mail (cep.neira.vilas@edu.xunta.gal) ou chamando por teléfono (886110220) antes do venres 9 de outubro para controlar o aforo máximo de 15 persoas.

Agardamos que sexa do voso interese.
Saúdos,
Equipo directivo

Reto HEPA conseguido!

Estimadas familias,


Informámosvos de que hoxe colocamos os depuradores HEPA en todas as nosas aulas. Gustaríanos agradecervos o GRAN esforzo económico de todas as persoas que participastes nas donacións para que isto fose posible.

 

Agradecementos especiais:

Edith Uhía e Carlos Spuch, pola súa colaboración e axuda incondicional na elaboración do noso protocolo de centro.

ANPA Peitieiros, polo seu apoio ó equipo directivo en todo momento.

Familias, profesorado do centro e Comunidade de montes de Chaín e de Couso polas súas aportacións económicas.

Expert Gondomar, por todas as facilidades que nos ofreceron para conseguilos.

Pablo Fuente e José Luis Jiménez, polo seu traballo de investigación e divulgación no que baseamos as nosas decisións plasmadas no noso protocolo.

Deixámosvos un escrito de Carlos Spuch e unhas recomendacións do Ministerio de Sanidade xustificando o emprego dos purificadores. 

 

Fai clic na seguinte imaxe para acceder á Guía

 

 

CONSEGUÍMOLO!! MOITÍSIMAS GRACIAS!!! Sorriso


 

Últimos días para facer as DONACIÓNS HEPA

Estimadas familias,


Recordámosvos que mañá remata o prazo para facer as donacións dos equipos HEPA, para poder adquirilos canto antes. Agradecemos de novo a todas as persoas que, independentemente da cantidade aportada, fan ese GRAN ESFORZO polo noso alumnado! Entre todos/as podemos conseguilo!

Se alguén prefire facer a donación en metálico, a secretaria da ANPA ofrécese a recoller as donacións no centro escolar mañá venres, entre 14:30H e 14:50h.

MOITÍSIMAS GRACIAS DE ANTEMÁN!


 

RECADACIÓN FILTROS HEPA

Queridas familias do CEP Neira Vilas, queremos animarvos a participar na recadación para dotar de equipos HEPA a todas as aulas. Xa sabedes que o contaxio por aerosois é a vía máis importante, e que os equipos HEPA son fundamentais para ter as aulas con aire limpo este inverno.

Polo de agora, entre profesorado e familias, levamos 45 donacións (dunhas 180 familias do centro), e estamos lonxe da cantidade final, non conseguindo aínda a metade do necesario. Sabemos que setembro é un mes complicado en canto a gastos, e por iso estendemos a data ata outubro. Para facer correctamente a vosa donación, deixamos o número de conta da ANPA (ABANCA: ES17 2080 5035 0630 4001 5326). Debedes indicar no concepto: Donación + nº de DNI. Entendemos que cada familia aporte o que boamente poida. Todo axuda!!

Lembrade que o beneficio dos HEPA non só é reducir moito o risco de contaxio da COVID-19, tamén de gripe e catarros, así como mellorar o aire para asmáticos e alérxicos ou baixar o nivel e CO2 nas aulas.

Adxuntamos esta excelente entrevista a José Luis Jiménez, experto mundial en aerosois.

Por favor, axudade a difundir esta información entre os vosos contactos do cole. Entre todos/as podemos conseguir un cole máis seguro!

Entrevista José Luis Jiménez

IMPORTANTE: Información familias

Estimadas familias,

En primeiro lugar, moitas gracias pola gran acollida que tiveron as reunións realizadas os pasados luns e martes, coa colaboración de Edith Uhía e Carlos Spuch.

Gracias ás súas explicacións baseadas na ciencia, creamos unha gran concienciación na comunidade educativa en canto á protección do noso alumnado nas nosas aulas. A desmostración de que os aerosois son unha vía de contaxio de ata dun 80% implica que precisemos implementar medidas para evitalo, sabendo que o risco 0 non existe.

A idea de dotar as aulas con depuradores HEPA xurde, polo tanto, da necesidade de disminuir riscos e conseguir ser unha escola o máis saudable posible. A nosa búsqueda centrouse nas características que debe ter para ser eficaz e decantámonos polo Philips AC2889/10.

Agradecemos enormemente a vosa intención de colaborar co centro na aportación dos purificadores de aire con filtros HEPA. Para poder facelo correctamente, a ANPA facilita o seu número de conta (ABANCA: ES17 2080 5035 0630 4001 5326) para quen queira, voluntariamente, facer unha donación da cantidade que poda, e especifique (MOI IMPORTANTE) no concepto: "Donación + o seu número de DNI". Por favor, tede en conta que as cuotas de 12€ para facerse socio/a da ANPA son a parte, e é moi importante non facer unha transferencia dun total da donación + da cuota. Éstas deben ser dúas transferencias diferentes, co concepto especificado.

Subiremos a esta nova os informes científicos que aportarán Edith e Carlos, nos que baseamos a nosa decisión.

Moitísimas gracias de antemán pola vosa implicación e participación!

ASAMBLEAS ORDINARIA E EXTRAORDINARA ANPA

Deixámosvos información da ANPA sobre a convocatoria de Asambleas Ordinaria e Extraordinaria.

Convocatoria ANPA

REUNIÓNS INFORMATIVAS INICIO CURSO

Deixamos á vosa disposición a información relativa ás charlas que realizamos os pasados luns e martes para presentar as medidas adoptadas desde o centro en relación á situación actual.

No Protocolo de adaptación á situación COVID-19, recollénse todas as medidas e accións que se levarán a cabo no centro, tendo en conta as indicacións e instrucións educativas e sanitarias e procurando o mellor dos ambientes para a desenvolvemento do noso alumnado.

No documento Charla Informativa COVID-19, recóllense da man de Edith Uhía e Carlos Spuch, unha serie de aspectos e aportacións que axudan a coñecer a realidade desta situación e as condicións das medidas que estamos a levar a cabo.

Queremos aproveitar a ocasión para mostrar o noso máis amplo agradecemento a todas as familias pola vosa participación, comprensión e implicación nestas reunións e nestes momentos que estamos a vivir.

Protocolo Adaptación á situación COVID-19

Charla informativa COVID-19

Seguiremos informándovos de todo o que aconteza.

Equipo Directivo

Distribuir contenido


by Dr. Radut