Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Consello Escolar: Censo e datas votacións

Estimadas familias,

Continuando co proceso da renovación do Consello Escolar, informámosvos da publicación do censo electoral e das datas das votacións, que son as seguintes:

  • Sector nais/pais: martes 23 de novembro de 9:00 á 9:30h e de 14:00 a 14:30h.
  • P.A.S.: martes 23 de novembro de 10:00 a 11:00h.
  • Sector profesorado: martes 23 de novembro de 16:30 a 17:00h.

O censo de familias está dispoñible facendo clic aquí.

O documento para presentar candidatura, podédelo descargar aquí, para presentar en Secretaría.

A información sobre as competencias do Consello Escolar están no seguinte documento.

O acceso á convocatoria con toda a información do proceso está dispoñible no seguinte documento.

GRACIAS DE ANTEMÁN POLA VOSA COLABORACIÓN!

 

CONSELLO ESCOLAR: Apertura do proceso e constitución da Xunta Electoral

Estimadas familias,

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 29/09/2021), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do colexio.

          A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

- A directora do Centro

- Un profesor ou profesora.

- Un pai ou nai ou titor legal.

- Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo luns, día 25 de outubro, ás 9.30 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.                                                                            

                                               

A DIRECTORA DO CENTRO

 

 

Scratch Day

Ábrese o prazo de inscripción para a VI edición de Scratch Day ata o 7 de outubro.

Coa activación desta iniciativa, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) continúa a espertar e fomentar as vocacións no ámbito STEM desde idades temperás, Scratch Day é unha actividade de carácter familiar e enfoque lúdico-formativo dirixida a mozos e mozas de 6 a 16 anos, na que, acompañados dun adulto, poderán gozar dunha mañá aprendendo e compartindo valores e nocións sobre programación informática,  sen necesidade de ter coñecementos previos na materia. Nesta edición, en pleno período extraordinario do Xacobeo os, rapaces e rapazas participantes poderán desfrutar resolvendo retos e completando os tres Scape Rooms ambientados no Camiño de Santiago. (Máis detalle)

En paralelo, celebrarase un obradoiro dirixido aos profesores e responsables de centros educativos interesados en introducir o Scratch na docencia.

Esta actividade encádrase no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Amtega.

Todos os detalles e instrucións para participar nesta iniciativa están actualizadas no espazo web:

 https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/vi-scratch-day

Un saúdo

Xosé Manuel Iglesias Diz 
Xerencia de Proxectos de Educación
Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

 

Comedor Escolar

Estimadas familias,

Desde os Servicios sociais do Concello de Gondomar, confírmannos "los/as alumnos/as que habían quedado en lista de espera ahora ya tienen plaza, con lo que a día de hoy todos los/as solicitantes están de alta, se tiene en cuenta la valoración de cambios de día efectuados por algunos/nas  padres/madres".

Para calquera dúbida, poñédevos en contacto no correo ssocial@concellodegondomar.com

Extraescolares: PISCINA

Estimadas familias,
Aquelas que esteades interesadas nesta actividade deberedes enviar, antes de mañá ás 15:00h, un correo á anpapeitieiros@gmail.com indicando o nome completo do alumno/a, curso e qué opción de horario elexides: ás 16:00h quedan 10 prazas, ás 16:45h quedan 9, ás 17:30h quedan 8, ás 18:15h quedan 9 prazas. De haber máis solicitudes que prazas faríase un sorteo. O prezo son 62€ anuais que deberedes abonar ao inicio do curso, xunto coa inscrición.

Saúdos.

Aviso Comedor Servicios Sociais

Estimadas familias,

Envíannos esta información desde Servicios Sociais do Concello:

Autorizacións familias

Estimadas familias,


Repartimos hoxe entre todo o alumnado as copias das Autorizacións precisas para este curso escolar: Saídas con adultos autorizados, Imaxe, Declaración responsable (Covid), Saídas pola contorna, Transporte/comedor, Saídas do centro só/a (5º e 6º), Saída con irmáns de 5º ou 6º, Protección de datos (proxenitores separados). Se precisades algunha outra copia, por favor, poñédevos en contacto co centro. É necesario que as devolvades cubertas na máxima brevidade posible.

Aquelas familias que teñan algún cambio na súa situación familiar pregamos nolo comuniquen e o xustifiquen coa documentación necesaria (sentencia separación, cambios de domicilio, teléfonos, etc).

Saúdos,

Equipo directivo

Formación familias

Gracias á colaboración de COCEMFE, as familias poderedes asistir a unha charla formativa presencial na que se traballará sobre o uso de dispositivos móbiles e as ferramentas para descargar, adxuntar, enviar ou modificar, entre outras, diferentes documentos dixitais a través de Gmail, ademais do uso da Aula Virtual do centro.

A charla correrá a cargo de Elena Borrego e nela desenvolveranse actividades en relación ao emprego destas ferramentas. Terá lugar os vindeiros martes 28 de setembro de 16:00 a 18:00h, e martes 5 de outubro, de 16:00 a 18:30h, na aula de informática do centro e deberán acudir cos seus dispositivos (ordenadores, tablets, móbiles) de uso persoal.

Todas as persoas (1 membro por familia) que desexen asistir deberán anotarse enviando un mail (cep.neira.vilas@edu.xunta.gal) ou chamando por teléfono (886110220) antes do venres 24 de setembro para controlar o aforo máximo de 15 persoas.

Agardamos que sexa do voso interese.

Saúdos, Equipo directivo

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut