try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Formulario de alta e renovación de socixs da ANPA, curso 24/25, e autorización de cesión de imaxe de menores

Ao final deste artigo atoparás o ficheiro en pdf co formulario de alta e renovación de socixs. Tamén achegamos a autorización de cesión de imaxe de menores, que é voluntaria: lembramos que, de non autorizar, respectaremos en todo caso a normativa vixente en materia de protección de datos e de dereito á propia imaxe, de xeito que nas fotografías que publiquemos non resulten recoñecibles (imaxes tomadas de costas ou nas que os rostros aparezan borrosos, pixelados ou con máscaras).

 

IMPORTANTE: precisamos o formulario cuberto e asinado + xustificante de pagamento da cota de socix para poder identificalo e darte de alta na asociación. A data límite de inscrición e pagamento será o primeiro venres de setembro (06/09/2024).

Para achegar a documentación, podes:

  • Enviar un correo electrónico a anpa.cep.brea.segade@edu.xunta.gal
  • Depositala en papel na caixa do correo da ANPA á entrada da escola.

Non dubides en contactar connosco se tes algunha pregunta:

  • Por correo electrónico: anpa.cep.brea.segade@edu.xunta.gal
  • No grupo de Whatsapp ANPA BREA SEGADE (se o autorizas no formulario). Horario de atención a familias: de luns a venres, de 09:00 a 21:00h (responderemos á maior brevidade posible tamén dentro deste horario).

 

Grazas por apoiarnos e facer posible que continuemos co noso labor!