try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Formularios de inscrición no comedor escolar, extraescolares e declaración responsable, curso 24/25

Achegamos ao final deste artigo o formulario de inscrición no servizo de comedor e o formulario de inscrición en actividades extraescolares, que a partires deste ano estarán abertos a todas as familias do centro. En caso de necesidade de conciliación, terás que achegarnos xunto cos formularios unha declaración responsable co teu horario laboral que tamén poderás atopar aquí.

IMPORTANTE: a data límite de inscrición de comedor e en actividades extraescolares para socixs e non socixs será o primeiro venres de setembro (06/09/2024).

Para achegar a documentación, podes:

  • Enviar un correo electrónico a anpa.cep.brea.segade@edu.xunta.gal
  • Depositala na caixa do correo da ANPA á entrada da escola.

As familias non socias que desexen facer uso do comedor e das actividades extraescolares deberán custear os gastos de matrícula e xestión (que inclúen o seguro de accidentes), tal como se indica nos formularios, entregando xunto co formulario o xustificante de pagamento para poder identificalo correctamente. Só hai que facer un pago para ter acceso a todos os servizos (comedor e extraescolares).

No caso de que as solicitudes superen o límite de prazas, terán preferencia as familias socias da ANPA (podes consultar os criterios de baremación no artigo correspondente aos baremos no apartado de Formularios, así como nos apartados Comedor e Extraescolares).

Publicaremos as listaxes de admitidxs no taboleiro de anuncios da escola e no apartado Comunicados desta web, nun documento cifrado. Recibirás o aviso por abalar xunto coa chave de acceso para abrir o documento. Retiraremos as listaxes en canto queden confirmadas.

Deixaremos dispoñible tamén o protocolo de comedor para o vindeiro curso con toda a información no apartado Comedor.

 

Non dubides en contactar connosco se tes algunha pregunta:

  • Por correo electrónico: anpa.cep.brea.segade@edu.xunta.gal
  • No grupo de Whatsapp ANPA BREA SEGADE (se o autorizas no formulario). Horario de atención a familias: de luns a venres, de 09:00 a 21:00h (responderemos á maior brevidade posible tamén dentro deste horario).