Achegamos ao final deste artigo o formulario de inscrición no servizo de comedor e o formulario de inscrición en actividades extraescolares, que a partires deste ano estarán abertos a todas as familias do centro. En caso de necesidade de conciliación, terás que achegarnos xunto cos formularios unha declaración responsable co teu horario laboral que tamén poderás atopar aquí.
IMPORTANTE: a data límite de inscrición de comedor e en actividades extraescolares para socixs e non socixs será o primeiro venres de setembro (06/09/2024).
Para achegar a documentación, podes:
- Enviar un correo electrónico a anpa.cep.brea.segade@edu.xunta.gal
- Depositala na caixa do correo da ANPA á entrada da escola.
As familias non socias que desexen facer uso do comedor e das actividades extraescolares deberán custear os gastos de matrícula e xestión (que inclúen o seguro de accidentes), tal como se indica nos formularios, entregando xunto co formulario o xustificante de pagamento para poder identificalo correctamente. Só hai que facer un pago para ter acceso a todos os servizos (comedor e extraescolares).
No caso de que as solicitudes superen o límite de prazas, terán preferencia as familias socias da ANPA (podes consultar os criterios de baremación no artigo correspondente aos baremos no apartado de Formularios, así como nos apartados Comedor e Extraescolares).
Publicaremos as listaxes de admitidxs no taboleiro de anuncios da escola e no apartado Comunicados desta web, nun documento cifrado. Recibirás o aviso por abalar xunto coa chave de acceso para abrir o documento. Retiraremos as listaxes en canto queden confirmadas.
Deixaremos dispoñible tamén o protocolo de comedor para o vindeiro curso con toda a información no apartado Comedor.
Non dubides en contactar connosco se tes algunha pregunta:
- Por correo electrónico: anpa.cep.brea.segade@edu.xunta.gal
- No grupo de Whatsapp ANPA BREA SEGADE (se o autorizas no formulario). Horario de atención a familias: de luns a venres, de 09:00 a 21:00h (responderemos á maior brevidade posible tamén dentro deste horario).
Comentarios recentes
hace 16 semanas 18 horas
hace 16 semanas 18 horas
hace 16 semanas 19 horas
hace 16 semanas 19 horas
hace 16 semanas 19 horas
hace 16 semanas 19 horas
hace 16 semanas 19 horas
hace 16 semanas 19 horas
hace 17 semanas 16 horas
hace 17 semanas 16 horas