try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

blogue deanpa

Familias usuarias de extraescolares e gardas da BBS

As familias usuarias de actividades extraescolares que desexen deixar xs nenxs uns minutos na biblioteca ao remate das mesmas nos días de garda (martes, mércores e xoves), deben avisar neste s

Familias usuarias de comedor e gardas da BBS

As familias usuarias do servizo de comedor escolar que desexen deixar xs nenxs na biblioteca nos días de garda (martes, mércores e xoves), deben avisar neste sentido no grupo de comedor para que o monitor poida entregalos ao profesorado de garda ao remate do seu servizo (16:30h), asinando o correspondente documento.

Modificación do menú do comedor escolar en outubro

Co fin de ofrecer un menú máis variado a urusarixs de comedor que asisten en días fixos, o Curral do Marqués fará unhas pequenas modificacións no menú inicial proporcionado pola Consellería de Medio Rural, que está pensado exclusivamente para usuarixs de mes completo (é por esa razón que se repiten pratos nos mesmos días da semana).

Se esqueciches cubrir as autorizacións de Whatsapp, aquí chas deixamos.

Esqueciches cubrir as autorizacións para entrar nos grupos de socixs, comedor ou extraescolares ou precisas incluír un número máis? Non hai problema, ao final deste artigo deixamos arquivos coas autorizacións expresas de Whatsapp para o grupos de socixs, de comedor e extraescolares para que poidas descargalas e cubrilas.

Inicio das actividades extraescolares a partires do 1 de outubro

A partires do vindeiro martes irase dando inicio ás actividades extraescolares segundo o horario das mesmas. Neste artigo deixamos información xeral sobre o calendario e funcionamento das actividades, agardando que che resulte útil. 

Se tes calquera outra dúbida, consúltanos nos grupos.

 

CALENDARIO*

BAILE MODERNO

Foliada reivindicativa no Brea Segade

A ANPA do Brea Segade, en colaboración co centro, convídavos ás familias, colectivos e persoas que queirades formar parte desta acción á foliada reivindicativa que celebraremos este venres, 27 de setembro, no xardín da escola.

A ANPA do Brea Segade continúa demandando mestrado

Na ANPA do CEP Xosé María Brea Segade continuamos de xeito consistente coas nosas reivindicacións: ao escrito remitido e admitido a trámite recentemente pola Valedora do Pobo, e que foi ademais apoiado por sendos escritos das asociacións Barbantea e TDAH Salnés - ás que agradecemos fondamente o seu respaldo -, vimos de sumarlle un novo escrito enviado á Consellería de Política Social e Igualdade coa intención de que se teña en conta o dereito á inclusión no ámbito educativo das crianzas con necesidades especiais.

Aberto o prazo de solicitude do Bono Concilia Familia

Dende hoxe, 18 de setembro, e ata o 17 de outubro, estará aberto o prazo do Bono Concilia Familia, unha axuda a aquelas familias que precisan contratar servizos de conciliación como é o caso dos campamentos de verán (sexan estes públicos ou privado

Cambio de empresa na actividade de Robótica

Recentemente recibimos a lamentable noticia de que a empresa que se comprometera orixinalmente a impartir a actividade extraescolar de Robótica finalmente non ía facelo.

Por sorte, deuse atopado unha alternativa: ofertaremos a mesma actividade a través da empresa Actividades Extraescolares y Formativas Ocio y Deporte de Galicia, SLU.

 - Mantense o horario: os martes, de 16:00 a 17:00h, de outubro a xuño (ata o día 15).

                                                                                           

Distribuir contido