try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Responder ó comentario

Aberto o prazo de solicitude do Bono Concilia Familia

Dende hoxe, 18 de setembro, e ata o 17 de outubro, estará aberto o prazo do Bono Concilia Familia, unha axuda a aquelas familias que precisan contratar servizos de conciliación como é o caso dos campamentos de verán (sexan estes públicos ou privados).
 
Poderás atopar toda a información na seguinte ligazón:
Deberás cursar a solicitude do bono de xeito exclusivamente telemático. Para consultar a documentación que tes que achegar e solicitar a axuda, preme nesta ligazón:
Se non dispós de certificado dixital ou de Chave365, podes acudir ao rexistro do concello ou ao servizo de Xuventude para que te axuden a obtelo (deberás solicitar este trámite de xeito presencial).
Lembra solicitar tamén a través do rexistro xeral o xustificante de pagamento do campamento, que te enviarán logo dende Xuventude ao enderezo electrónico que figure na solicitude.
Lembra que tes ata o 17 de outubro para solicitalo!

Responder