try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Sintaxe

O método Sintaxe 

“Sintaxe” é un método de aprendizaxe de lingua galega e francesa (facilmente adaptable à outras linguas romances) para crianzas de 7 a 13 anos. A través da manipulación de pezas que representan as distintas clases gramaticais, a conxugación e as funcións gramaticais o alumnado é protagonista da súa propia aprendizaxe, o que fai que non memorice os saberes sen comprendelos a través dos diferentes sentidos. A filosofía pedagóxica tanto teórica como práctica de sintaxe fundaméntase nos postulados da metacognición, da ferramenta mediadora de Vygotski e nas catro etapas de Leong e Bodrova (contacto, acompañamento, reflexión e autonomía cognitiva), para deste xeito desenvolver unha aprendizaxe significativa do alumnado con e sen necesidades específicas.

Foi creado entre Suíza e Galiza por un grupo de persoas con inquedanzas comúns e pertencentes a mundos laborais/profesionais diferentes. Desta colaboración altruísta nace Sintaxe cun Deseño Universal das Aprendizaxes (DUA) e cunha base científica levada a cabo na HEP (Universidade de pedagoxía) de Vaud.

Este método de aprendizaxe de lingua francesa e galega, leva 7 anos sendo empregado nun colexio rural agrupado en Suíza cuns resultados moi satisfactorios. Actualmente, este será o segundo ano que se aplicará en Galicia, concretamente no CEP Xosé María Brea Segade de Taragoña, pero tamén se implementará por primeira vez nas escolas de Rianxo. No curso pasado, o claustro do  CEP Xosé María Brea Segade aprobou ser, no ano académico 2022-2023, a primeira escola piloto Sintaxe e participar na investigación científica que a UDC (Universidade da Coruña) está levando a cabo e que verá a luz a finais do ano 2023.