try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Responder ó comentario

Preguntas frecuentes: INSCRICIÓN NO COMEDOR E EN EXTRAESCOLARES

Onde podo atopar os formularios de inscrición no comedor e en extraescolares?

Podes atopalos e descargalos no apartado Formularios desta web. Tamén deixaremos copias dispoñibles na Conserxería da escola durante a primeira semana de setembro.

 

No formulario de extraescolares poden incluírse todas as crianzas da unidade familiar que vaian ser usuarias, pero o formulario de comedor é individual por mor do apartado de alimentos que NON pode tomar x alumnx (é dicir, hai que cubrir un formulario por cada crianza usuaria do comedor, de xeito que poidamos tratar aparte os formularios nos que se cubra ese apartado, para maior seguridade).

A data límite de inscrición será no primeiro venres de setembro.

 

 

Quen debe pagar os gastos de matrícula e xestión para a inscrición no comedor e en extraescolares?

Só as familias NON SOCIAS. Os gastos de matrícula e xestión inclúen tamén o seguro para xs usuarixs, que xa vén incluído nestes gastos.

Ao efectuar o ingreso na conta que figura nos formularios, deberás facer constar como concepto "comedor" ou "extraescolares" + o nome e curso da(s) crianza(s) inscrita(s), para que poidamos identificalo.

SÓ HAI QUE EFECTUAR UN PAGO PARA PODER INSCRIBIRSE EN AMBOS SERVIZOS (COMEDOR + EXTRAESCOLARES), é dicir, non hai que pagar eses gastos en ambos formularios, senón só en un deles. A data límite de pagamento será o primeiro venres de setembro (non poderemos xestionar a inscrición sen o xustificante de pagamento).

AS FAMILIAS SOCIAS NON TEÑEN QUE PAGAR ESTES GASTOS.

 

 

Xestiona a ANPA os pagos mensuais ás empresas?

Non. Na ANPA só xestionamos o pago das cotas de socix e os gastos de matrícula e xestión para non socixs.

Unha vez comecen as actividades, as empresas informarán ás familias do alumnado admitido no comedor e/ou en actividades extraescolares sobre as formas e prazos de pagamento, proporcionando tamén, de ser o caso, autorizacións de domiciliación bancaria. Serán as familias usuarias as que aboen as cotas mensuais directamente ás empresas.

 

 

É obrigatorio presentar un xustificante de necesidade de conciliación xunto cos formularios de inscrición en extraescolares e comedor?

Debe presentarse xusticicación só se hai necesidade de conciliación e por cada un dos proxenitorxs/ titorxs que a teñan. Podes atopar un modelo de declaración responsable no apartado Formularios, no mesmo artigo ca os formularios de inscrición no comedor e extraescolares, para achegar todo xunto. Na declaración deberás facer constar a situación na que te atopas no momento no que fas a inscrición e deberás contar con documentación que o acredite por se tivesemos que comprobalo.

 

 

No formulario de comedor, cando debo indicar os alimentos que NON pode tomar x alumnx?

Tanto a ANPA como a empresa que presta o servizo de comedor non podemos tratar datos especialmente protexidos (ex. datos de saúde) polo nivel de seguridade que requiren por lei (RXPD e LOPDGDD). Sen embargo, o artigo 9 do RXPD contempla como excepción a necesidade de tratar eses datos para protexer os intereses vitais dx interesadx ou de outra persoa física, sempre que x interesadx estea capacitadx para prestar o seu consentimento, Ademais, na lei de comedores tamén se estipula que a empresa só estará obrigada a adaptar os seus menús só en caso de alerxias e/ou intolerancias, e baixo ningún concepto poñeremos en risco a saúde dxs menores. 

Polo tanto, para non contravir estas normas e protexer a saúde dxs menores, neste apartado do formulario de comedor indicarás que alimentos non pode tomar a túa crianza SÓ POR ESES MOTIVOS, xa que se empregamos este apartado de xeito arbitrario, resultará imposible deseñar os menús. Para evitar posibles problemas neste sentido, dende a ANPA reservámonos o dereito de comprobación persoal deste dato.

 

 

É obrigatorio autorizar que me inclúan nos grupos de Whatsapp de comedor e extraescolares?

Non, o consentimento é voluntario, pero recomendamos que autorices para axilizar a comunicación connosco e coas empresas e estar enteradx de todo. 

AS AUTORIZACIÓNS PARA ENTRAR NOS GRUPOS DE WHATSAPP "COMEDOR ANPA BREA SEGADE" E NOS DAS ACTIVIDADES CORRESPONDENTES ESTÁN NA SEGUNDA PÁXINA DOS FORMULARIOS DE COMEDOR E EXTRAESCOLARES. 

 Se esqueciches cubrir a autorización no momento de inscribirte, podes descargar as autorizacións expresas de Whatsapp no artigo que deixamos ao efecto no apartado Formularios.

 

Cal é a data límite de inscrición?

Aceptamos inscricións ata o PRIMEIRO VENRES DE SETEMBRO (06/09/2024), xa que ademais de xestionar as altas de socixs, debemos baremar as inscricións no comedor e en extraescolares, que deben ser abertos a todo o alumnado do centro (socixs e non socixs) segundo dispón o RD 1533/1986, do 11 de xullo, polo que se regulan as ANPAs. Para poder darlles prioridade ás familias socias, temos que poder dalas de alta. 

 

 

Como entrego os formularios?

 - Podes cubrilos en liña, ou ben imprimilos e dixitalizalos (foto, pdf) e envialos por correo electrónico a: anpa.cep.brea.segade@edu.xunta.gal

- Podes imprimilos e depositalos na caixa de correo da ANPA á túa disposición na entrada da escola.

Responder