try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Preguntas frecuentes: INSCRICIÓN NO COMEDOR E EN EXTRAESCOLARES

Onde podo atopar os formularios de inscrición no comedor e en extraescolares?

Podes atopalos e descargalos no apartado Formularios desta web. Tamén deixaremos copias dispoñibles na Conserxería da escola durante a primeira semana de setembro.

 

No formulario de extraescolares poden incluírse todas as crianzas da unidade familiar que vaian ser usuarias, pero o formulario de comedor é individual por mor do apartado de alimentos que NON pode tomar x alumnx (é dicir, hai que cubrir un formulario por cada crianza usuaria do comedor).

A data límite de inscrición será no primeiro venres de setembro.

 

 

Quen debe pagar os gastos de matrícula e xestión para a inscrición no comedor e en extraescolares?

Só as familias NON SOCIAS. Os gastos de matrícula e xestión inclúen tamén o seguro para xs usuarixs, que xa vén incluído nestes gastos.

Ao efectuar o ingreso na conta que figura nos formularios, deberás facer constar como concepto "comedor" ou "extraescolares" + o nome e curso da(s) crianza(s) inscrita(s), para que poidamos identificalo.

SÓ HAI QUE EFECTUAR UN PAGO PARA PODER INSCRIBIRSE EN AMBOS SERVIZOS (COMEDOR + EXTRAESCOLARES), é dicir, non hai que pagar eses gastos en ambos formularios, senón só en un deles. A data límite de pagamento será o primeiro venres de setembro (non poderemos xestionar a inscrición sen o xustificante de pagamento).

AS FAMILIAS SOCIAS NON TEÑEN QUE PAGAR ESTES GASTOS.

 

 

Xestiona a ANPA os pagos mensuais ás empresas?

Non. Na ANPA só xestionamos o pago das cotas de socix e os gastos de matrícula e xestión para non socixs.

Unha vez comecen as actividades, as empresas informarán ás familias do alumnado admitido no comedor e/ou en actividades extraescolares sobre as formas e prazos de pagamento, proporcionando tamén, de ser o caso, autorizacións de domiciliación bancaria. Serán as familias usuarias as que aboen as cotas mensuais directamente ás empresas.

 

 

É obrigatorio presentar un xustificante de necesidade de conciliación xunto cos formularios de inscrición en extraescolares e comedor?

Debe presentarse xusticicación só se hai necesidade de conciliación e por cada un dos proxenitorxs/ titorxs que a teñan. Podes atopar un modelo de declaración responsable no apartado Formularios, no mesmo artigo ca os formularios de inscrición no comedor e extraescolares, para achegar todo xunto. Na declaración deberás facer constar a situación na que te atopas no momento no que fas a inscrición e deberás contar con documentación que o acredite por se tivesemos que comprobalo.

 

 

No formulario de comedor, cando debo indicar os alimentos que NON pode tomar x alumnx?

Tanto a ANPA como a empresa que presta o servizo de comedor non podemos tratar datos especialmente protexidos (ex. datos de saúde) polo nivel de seguridade que requiren por lei (RXPD e LOPDGDD). Sen embargo, o artigo 9 do RXPD contempla como excepción a necesidade de tratar eses datos para protexer os intereses vitais dx interesadx ou de outra persoa física, sempre que x interesadx estea capacitadx para prestar o seu consentimento, Ademais, na lei de comedores tamén se estipula que a empresa só estará obrigada a adaptar os seus menús só en caso de alerxias e/ou intolerancias, e baixo ningún concepto poñeremos en risco a saúde dxs menores. 

Polo tanto, para non contravir estas normas e protexer a saúde dxs menores, neste apartado do formulario de comedor indicarás que alimentos non pode tomar a túa crianza SÓ POR ESES MOTIVOS, xa que se empregamos este apartado de xeito arbitrario, resultará imposible deseñar os menús. Para evitar posibles problemas neste sentido, dende a ANPA reservámonos o dereito de comprobación persoal deste dato.

 

 

É obrigatorio autorizar que me inclúan nos grupos de Whatsapp de comedor e extraescolares?

Non, o consentimento é voluntario, pero recomendamos que autorices para axilizar a comunicación connosco e coas empresas e estar enteradx de todx. 

AS AUTORIZACIÓNS PARA ENTRAR NOS GRUPOS DE WHATSAPP "COMEDOR ANPA BREA SEGADE" E NOS DAS ACTIVIDADES CORRESPONDENTES ESTÁN NA SEGUNDA PÁXINA DOS FORMULARIOS DE COMEDOR E EXTRAESCOLARES. 

 

 

Cal é a data límite de inscrición?

Aceptamos inscricións ata o PRIMEIRO VENRES DE SETEMBRO (06/09/2024), xa que ademais de xestionar as altas de socixs, debemos baremar as inscricións no comedor e en extraescolares, que deben ser abertos a todo o alumnado do centro (socixs e non socixs) segundo dispón o RD 1533/1986, do 11 de xullo, polo que se regulan as ANPAs. Para poder darlles prioridade ás familias socias, temos que poder dalas de alta. 

 

 

Como entrego os formularios?

 - Podes cubrilos en liña, ou ben imprimilos e dixitalizalos (foto, pdf) e envialos por correo electrónico a: anpa.cep.brea.segade@edu.xunta.gal

- Podes imprimilos e depositalos na caixa de correo da ANPA á túa disposición na entrada da escola.