Skip to Content

5º e 6º Primaria

PREPARAR OS ORDENADORES PARA VIDEOCONFERENCIAS

Para descargar o Navegador Chrome nos portátiles edixgal, usade o seguinte enlace:

PAQUETE EXECUTABLE CO NAVEGADOR RECOMENDADO PARA USO DO SERVIZO EN LINUX

Pasos a seguir:

1. Executar a descarga, seleccionando GARDAR.Empezará a descarga.

2. Abrir a carpeta DESCARGAS onde estará o arquivo que acabamos de descargar.

3. Arrastrar o arquivo ata o ESCRITORIO.

4. Pinchamos sobre o arquivo con botón dereito do rato e abrimos PROPIEDADES.

5. Na pestaña PERMISOS, activamos "Permitirlle a este ficheiro executarse coma programa".

6. Cambiámoslle o nome na pestaña XERAL para que se quede en GOOGLE CHROME.Aceptar e pechar.

Listo, xa temos o noso NAVEGADOR CHROME.

Ao abrilo por primeira vez pregúntasenos se queremos que sexa o noso navegador predeterminado. Podemos contestar que sí.

ENLACE PARA USAR O SERVICIO DE VIDEOCONFERENCIA FALEMOS:

https://falemos.edu.xunta.gal/

CADA PROFESOR TERÁ ESTE MESMO ENLACE PERO CUN ENGADIDO FINAL DISTINTO. Anotade eses enderezos e os contrasinais que vos indiquen.

IMPORTANTE: Cando se entre na videoconferencia, Chrome pedirá permiso para o emprego da CÁMARA WEB e do MICRÓFONO. Hai que PERMITIR para que a comunicación se estableza sen problemas.

Actividade de IGUALDADE

Grazas á ANPA do noso colexio, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participamos nunha actividade levada a cabo por Cristina e Toni, de La Ciudad Educativa. A través de xogos, vídeos, reflexións... fomos observando certas actuacións que fomentan a desigualdade ou a descompensación á hora de repartir as tarefas, formas de actuar que sobrecargan inxustamente á muller, barreiras que non vemos pero que están aí e que lle impiden poder chegar todo o lonxe que se propoña polo simple feito de ser muller. Faláronnos de corresponsabilidade, de invisibilidade, de profesións, de teito de cristal... Foron dúas sesións interesantísimas e moi necesarias que nos fixeron reflexionar e que de seguro, terán consecuencias positivas no noso día a día. 

Quedounos claro que as profesións non son de homes nin de mulleres. Que todo é de todos e que todos podemos ser aquelo que desexemos ser, e que realizando a mesma tarefa deberíamos recibir a mesma recompensa. Que papá non ten que axudar a mamá, ten que facer con mamá e que nós, na medida das nosas posibilidades tamén debemos colaborar, porque coidar o bebé, limpar a casa ou o coche é responsabilidade de TODOS. 

 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS SOBRE EDIXGAL CURSO 2020-21

No seguinte folleto está recollida amplia información sobre o Proxecto de Educación dixital Edixgal. Atoparán resposta a moitas das preguntas que lles poden xurdir.

Destacamos o da posibilidade de contratar un seguro opcional contactando co servizo Premium (apartado 7 do folleto).

 

Letras Galegas 2020

Presentación sobre o autor homenaxeado nestas Letras Galegas para compartila con todos os compañeiros e comunidade escolar. O seu autor é Cristian de 5ºA.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut