Skip to Content

PREPARAR OS ORDENADORES PARA VIDEOCONFERENCIAS

Para descargar o Navegador Chrome nos portátiles edixgal, usade o seguinte enlace:

PAQUETE EXECUTABLE CO NAVEGADOR RECOMENDADO PARA USO DO SERVIZO EN LINUX

Pasos a seguir:

1. Executar a descarga, seleccionando GARDAR.Empezará a descarga.

2. Abrir a carpeta DESCARGAS onde estará o arquivo que acabamos de descargar.

3. Arrastrar o arquivo ata o ESCRITORIO.

4. Pinchamos sobre o arquivo con botón dereito do rato e abrimos PROPIEDADES.

5. Na pestaña PERMISOS, activamos "Permitirlle a este ficheiro executarse coma programa".

6. Cambiámoslle o nome na pestaña XERAL para que se quede en GOOGLE CHROME.Aceptar e pechar.

Listo, xa temos o noso NAVEGADOR CHROME.

Ao abrilo por primeira vez pregúntasenos se queremos que sexa o noso navegador predeterminado. Podemos contestar que sí.

ENLACE PARA USAR O SERVICIO DE VIDEOCONFERENCIA FALEMOS:

https://falemos.edu.xunta.gal/

CADA PROFESOR TERÁ ESTE MESMO ENLACE PERO CUN ENGADIDO FINAL DISTINTO. Anotade eses enderezos e os contrasinais que vos indiquen.

IMPORTANTE: Cando se entre na videoconferencia, Chrome pedirá permiso para o emprego da CÁMARA WEB e do MICRÓFONO. Hai que PERMITIR para que a comunicación se estableza sen problemas.



page | by Dr. Radut