Skip to Content

Últimas novas

CORRELINGUA 2016

Este ano, todo o alumnado de Educación primaria do noso centro participou na gran festa do Correlingua celebrada en Burela.

Podes ler máis información nos seguintes enlaces e tamén podes ver fotos e vídeos do evento.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/burela/2016/05/05/correlingua-reune-burela-1600-estudantes-marinans/00031462463636918603439.htm

050516 Foto Correlingua

http://www.lavozdegalicia.es/album/amarina/2016/05/05/correlingua-burela/01101462464406670445215.htm

Segunda convocatoria de axudas para o material escolar 2015-2016

Informamos ás familias que  saiu publicado no DOG unha SEGUNDA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR: CURSO 2015-2016 que podedes consultar na páxina da Consellaría ou no arquivo adxunto a esta nota informativa.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (ata o 24 de novembro).

Eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar

O Consello Escolar é o principal instrumento a través do cal a comunidade educativa participa na toma de decisión, acordos e na xestión do centro.

A Xunta Electoral  do centro, encargada da elaboración do calendario electoral, dispuxo como data de votación o Luns 26  de novembro de 17:00  a 19:00 horas para o sector de nais e pais do alumnado. A presentación de candidaturas realizarase na Secretaría ou Dirección do centro polas mañás  dende o venres 9 ata o 16  de novembro (ás 14:00 horas).

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018.

Acta Sorteo da Xunta Electoral constituida o pasado 4 de novembro e que será a encargada de supervisar todo o proceso electoral.

 1ª Acta da Xunta Electoral

Convocatoria para os pais, nais e responsables do alumnado.

Circular: Votamos o vindeiro Luns 26 DE NOVEMBRO

CENSO DAS FAMILIAS

Proclamación de candidatos

CONSTITUCIÓN DO NOVO CONSELLO ESCOLAR: 10/12/2018

 

Mércores 5 de febreiro: VOLTA Á NORMALIDADE

Mañá, mércores 5 de febreiro, retomaremos as clases, transporte escolar, comedor e actividades extraescolares con normalidade. 

Aquí podes ver o comunicado da Consellería de Cultura e Educación.

 

Maís información aquí......

Distribuir contido


by Dr. Radut