Skip to Content

Últimas novas

Unha alumna do noso centro premiada no Concurso de Prensa Escola

Noraboa a Silvia Suárez Fernández , alumna de 6º de Educación Infantil, por acadar o 3º Premio no XIV Concurso de Mellor Peridodista Infantil neste Curso 2016-2017.

Este foi o seu traballo:

Esta é a noticia que apareceu o pasado mércores 24 de maio no suplemento de "A Voz na Escola" do períodico: A Voz de Galicia. Maís información aquí:

 

 

Resumo da experiencia na prensa local

Fai clic encima da foto para ler a noticia aparecida no "Progreso" o pasado Xoves 25 de maio de 2017.... Aproveitamos para felicitar a Susana López polo seu traballo na redacción da noticia.

Recreando o patio: "Vistalegrín"

Hoxe pola mañá no patio do noso centro levouse a cabo o proxecto: "Recreando o patio VISTALEGRÍN" que ten por obxectivo principal recuperar xogos populares e tradicionais inclusivos que axudan a mellorar a convivencia no tempo de lecer no momento do recreo.

Este proxecto foi programado dentro dun Plan Acción da Fundación ALCOA. Para levalo a cabo contamos coa colaboración de seis voluntarios empregados de Alcoa - San Ciprián, Concello de Burela, ANPA do colexio así como familias e profesorado.
A todos queremos agradecerlles a súa colaboración co noso centro escolar por regalarnos horas do seu tempo libre. Tamén aproveitamos para agradecerlle a Carlos Peinó, ex compañeiro e mestre a súa ilusión, disponibilidade e motivación para axudarnos a organizar esta actividade tan motivadora para o alumnado.

Gracias a todos e todas... Quedou perfecto para xogar no recreo!

Distribuir contido


by Dr. Radut