BRINCADEIRAS Lugo 2022

Marcelle 2022


Halloween 2022

"UNHA AMEAZA CHEGADA DUN ESPAZO EXTERIOR"

Na semana do 3 ao 7 de outubro, a asociación "AMABUL"  instalou no noso centro educativo a exposición sobre flora exótica invasora "Unha ameaza chegada dun espazo exterior" que veu acompañada da realización de dous obradoiros ambientais e a entrega dunha unidade didáctica. Trátase dunha actividade gratuíta financiada pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

HORARIO XORNADA PARTIDA: DE OUTUBRO A MAIO

Estimadas familias.

Lembrade que a partir do mes de outubro temos horario de xornada partida na escola.

MAÑÁ: DE 10:00 A 13:30 H

COMEDOR: DE 13:30 A 15:00 H

TARDE: DE 15:00 A 16:30 H

 

INFORMACIÓN FAMILIAS REUNION 07/09/2022

MATERIAL ESCOLAR

PODEDES VER AS CORRESPONDENTES LISTAXES DO MATERIAL ESCOLAR NECESARIO PARA O DESENVOLVEMENTO DO CURSO 2022/2023 NAS SEGUINTES LIGAZÓNS.

MENÚ COMEDOR ESCOLAR MES DE SETEMBRO / 2022

Achégase o menú escolar correspondente ao mes de SETEMBRO 2022.

Lembrade que no mes de SETEMBRO a xornada é continua. Polo tanto o horario é o seguinte:

  • Entrada: 9:30h. (comezo das clases)
  • Comedor: de 14:30h. a 15:15h.
  • Saída: 15:15h. (Prégase estar uns minutos antes)

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISION DE COLABORADORES VOLUNTARIOS PARA COMEDOR

As nais, os pais, os/as titores/as legais do alumnado deste centro de ensino que desexen ao longo do curso 2022-2023, colaborar de xeito altruista (12,50€ por día) nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión abertas ata o día 8 de setembro de 2022.

 

Distribuir contido (C01 _th3me_)