DÍA DO LIBRO: "O ESTRAÑO SER"

Durante as xornadas desta semana (do 18 ao 22 de abril), o alumnado fixo diferentes actividades relacionadas co día do libro tanto nas aulas como tamén na biblioteca do centro, que retomou a súa actividade habitual, despois dun período de obras no colexio.

E como este ano, o 23 de abril cae en sábado, adiantamos a celebración un día antes. Na tarde do venres 22, viñeron Eva Iglesias Rodriguez e Eva Piay Fernández, autora e ilustradora respectivamente para facer en primicia a presentación e lectura do seu álbum ilustrado "O estraño ser". Un fermoso conto que ten como ensinanza a busca da importancia de saber ver máis alá das aparenzas. Xunto a elas, colaborou tamén Inés Fernández Núñez. Para seguir a lectura, todo o alumnado recibiu un exemplar do libro, agasallo do Concello de Rubiá, que nos entregou en representación do mesmo, Laura Iglesias.

Despois, un obradoiro moi entretido, no que cada quen debía poñer en xogo a súa creatividade para deseñar animais estraños e únicos, a partir dun debuxo estruturado en tres partes (cabeza, tronco e cola). Entre todos e todas, pegámolos nuns estupendos murais que previamente elaborou o alumnado de primaria, decorados como un fondo mariño.

Foi unha tarde de proveito, compartida en gran grupo para fomentar o hábito lector.

Que ben o pasamos!

PREME AQUÍ PARA IR Á NOSA GALERÍA DE FOTOS.

VER NOTICIA EN OSIL.INFO

 

 

 

USO DA MÁSCARA NO ÁMBITO EDUCATIVO: NOVAS DIRECTRICES

Resumo das directrices. Para máis info preme aquí.

USO OBRIGATORIO:

• Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1. O alumnado menor de 6 anos non está obrigado).

USO RECOMENDADO (CON CARÁCTER VOLUNTARIO):

• Persoal traballador do centro educativo.

• Alumnado do centro educativo.

• Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

MENÚ COMEDOR: ABRIL 2022

Parabéns a todo o alumnado que fixo anos neste segundo trimestre:


Achégase o menú do comedor escolar para o mes de abril e lembramos que as vacacións do 2º trimestre (Semana Santa) son do 11 ao 18 de abril de 2022 (ambos incluídos).

Para descargar o menú en formato PDF, premede no arquivo adxunto.

21M: DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

O día 21 de marzo, é o día internacional dos bosques, tamén coñecido como día da árbore, mentres que o día 22 de marzo, é o dia mundial da auga. O CEIP plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá participa, nesta ocasión, na replanta de dúas especies de árbore no noso monte local (Serra da Enciña da Lastra). Organizouse unha saída á contorna próxima en coordinación co Distrito Forestal número 13 Valdeorras-Trives. Plantamos entre todas e todos unhas 26 árbores (sobreiras e capudres ou tamén coñecidos como cancereixos) ao redor da "caseta dos cazadores". Lugar que sufriu hai menos dun ano, un lamentable incendio. 

PREME AQUÍ PARA IR Á GALERÍA DE FOTOS

A andaina ata arriba supuxo un gran esforzo, pero cando chegamos, aproveitamos para tomar o almorzo que levabamos nas mochilas. Despois de tanto traballo baixamos moi satisfeitos e satisfeitas polo bo labor medio ambiental realizado. Alí deixamos en recordo unha lousa co noso logotipo gravado e pintado a man, e sobre todo, unha fermosa experencia para poder subir co paso dos anos e comprobar como medran as "nosas" árbores. O alumnado foi agasallado con camisetas, bolsas de tea, cadernos, bolis, sementes de acivro e ata carnets de vixiantes forestais xuvenís. 

NOTICIA NA PRENSA (O SIL)

 

 

ACTUALIZACIÓN PROTOCOLO COVID

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022.

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España.

8 MARCH: INTERNATIONAL WOMEN'S DAY

O martes, 8 de marzo, conmemorouse o Día Internacional da Muller. Na escola traballamos o retrato na sesión de plástica dentro dos programas de  plurinfantil e pluriligüismo coa teacher Laura. O alumnado debuxou principalmente rostros de mulleres moi importantes. Algunhas delas deberían aparecer sempre en todos os manuais de historia do mundo, polas súas grandes e diversas aportacións á humanidade. E outras aínda que non aparezan son, si cabe, as máis importantes na vida da nosa rapazada. Vós: avoas, nais, irmás, amigas, tías, curmás, compañeiras, mestras... Recoñecédesvos nestes fermosos debuxos?

 E na aula amarela, tamén traballaron este día con lecturas sobre a igualdade, xogos de cartas e uns bonitos debuxos engalanando un mural da clase.

ACTUALIZACIÓN PROTOCOLO COVID

A partir do 7 de marzo de 2022, os casos positivos de diagnóstico COVID-19 seguirán comunicándose como ata o de agora, pero os contactos estreitos non estarán obrigados a gardar corentena. Polo tanto, estes últimos, non serán rexistrados na aplicación EduCovid.

Ver comunicado conxunto da Consellería de Sanidade e a Consellería de Educación (4/3/22): https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36419
 

MENÚ COMEDOR: MARZO 2022

Achégase o menú escolar do mes de marzo. No arquivo adxunto pódese descargar en formato PDF para imprimir.

ENTROIDO ESCOLAR 2022

O venres 25 de febreiro festexamos na nosa escola o Entroido. Outro ano máis o lema foi: "disfrace libre". E cada quen elixiu ser a persoaxe  que máis lle gustase: animais salvaxes, superheroes, soldados e guerreiros, fadas e princesas entre outros, todos coloridos e divertidos. Viva a diversidade!

Preme aquí para acceder a nosa galería de fotos

 

 

 

 

PRAZO ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023/2024

O prazo para solicitar a admisión de alumnado de nova incorporación é do 1 ao 20 de marzo de 2023. Para calquera dúbida contactade co centro educativo no 988324205 (de 10:00 a 16:30) ou a través do correo electrónico ceip.virxedocamino@edu.xunta.gal

 

Distribuir contido (C01 _th3me_)