Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Remata o curso 2021/2022. Temos tantos recordos para o baúl! Estes dous últimos días foron moi divertidos e emocionantes. O martes desfrutamos das brincadeiras e da festa da espuma, grazas á ANPA. Non nos importaría repetir máis veces, porque ademais de queimar moitas calorías pasámolo xenial! E o mércores, tocou despedida. Algunhas bágoas e moitos sorrisos, para un día fermoso e especial. Parabéns ao alumnado que promociona e, especialmente, aquel que pasa a unha nova etapa educativa. Grazas aos familiares que nos acompañaron e que acompañaron aos seus fillos e fillas nesta xornada, que con moito agarimo preparamos para eles e para elas.
Podedes ver os vídeos nos blogs das aulas, e as fotos da graduación e as festas que montaron nas aulas na nosa galería de imaxes.
VER FOTOS DA FESTA DA ESPUMA E DAS BRINCADEIRAS
VER FOTOS DA GRADUACIÓN E FESTA NAS AULAS
Tamén se repartiu a revista escolar "Cousas de nen@s" que podedes ver en versión dixital na seguinte ligazón: VER REVISTA
Ademais, como tamén rematamos trimestre, Maica preparou a súa famosa tarta da avoa para festexar os aniversarios daquel alumnado que cumpriu anos dende abril ata agosto.
Queridos alumnos:
Sentimos unha alegría inmensa de poder comezar esta nova aventura con todos vós. Sen dúbida, sabemos que estamos ante unha persoas marabillosas, cunhas capacidades únicas. Estamos convencidos de que podedes evolucionar no mundo no que vivides, se volo propondes. Confíamos en que ao longo destes dias acharedes en vós mesmo esa forza e determinación constante para agarrarse ao obxectivo, cun sentimento alegre de seguridade. Confíamos tamén na vosa vontade para levalo a cabo. Non podemos contarvos o que vamos a atopar polo camiño, nin nos mesmos o sabemos. Pero queremos que saibades que poderedes apoiarvos en nós se o desexades. Para iso estamos aquí. A partir de hoxe, poderedes ser quen queirades ser. Podemos asegurarvos que, con tesón e paciencia, converterédesvos neses que agora mesmo imaxínaos. O voso éxito dependerá de escoitarvos a vós mesmos, de escoitar as ideas que se inician dentro de vós e de facer o posible por poñelas en práctica. A vosa actitude expectante é a actitude correcta que debedes manter. Deixádevos levar e confiade en que as cousas sairán da mellor maneira posible.
De verdade, desexámosvos o mellor, neste comezo de trimestre, un tanto peculiar.
NOS SEGUINTES ENLACES PODES VISUALIZAR OS SEGUINTES VIDEOS:
VÍDEO CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO DO S. XX.- A EMIGRACIÓN https://youtu.be/rpoH1UsNkEs
VÍDEO CONTEXTO SOCIO-HISTORICO DO S.XX.- O GRUPO NÓS https://youtu.be/pXyMeDgW-C8
VÍDEO CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO DO S.XX.- A GUERRA CIVIL E A DITADURA https://youtu.be/K4GaFeIA4BI
VÍDEO CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO DO S.XX.- A DEMOCRACIA E O ESTATUTO https://youtu.be/ADlsg81bYvs
VÍDEO CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO DO S.XX.- A DIVERSIDADE CULTURAL GALEGA (FINAIS DE SÉCULO) https://youtu.be/aohV0JvgqsE
VÍDEO CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO DO S.XX.- COMPLETO https://youtu.be/9zB3BBzK6JM
VIDEO-PRESENTACIÓN EN GENIAL.LY https://view.genial.ly/5c42fdadc432a71f8086e43b/videos-contexto
VÍDEO ADAPTACIÓN DA CATIGA "CASAMENTO DA PULGA" https://youtu.be/zMIHyt8eq80
VÍDEO TIME-LAPSE LSE "POR AMOR Á NOSA TERRA" https://youtu.be/MU16M7MHjBc https://youtu.be/ss2xplUFItE
VÍDEO BAILE DA MUIÑEIRA
https://somoscomarca.es/planes-en-el-virxe-do-camino-de-rubia/
NA VINDEIRA SEMANA TEREMOS DISPOÑIBLE A REVISTA ESCOLAR "COUSAS DE NENOS" 2.018.
Kahoot é unha ferramenta moi útil para aprender e repasar conceptos de forma entretida, como nun concurso. A forma máis común é mediante preguntas tipo test con recompensas para o alumnado a medida que vai atinando as respostas. Pódese xogar empregando a aplicacion para móbil, a tableta ou o ordenador.
Para acceder aos xogos de kahoot ou deseñar un, tedes que crear unhaconta. Tras elixirdes o xogo no que queredes participar, os xogadores debedes acceder introducindo un código PIN que aparecerá na pantalla principal.
Ao tocar START, empezará a primeira pregunta. Na pantalla móstranse as catro respostas e a que cor e símbolo coas que se corresponden, de modo que cada participante pode responder de forma privada.
Cando elixides o modo de xogo (individual ou en equipo), xérase o código PIN deste xogo e móstrase en grande na parte superior da pantalla. Neste momento, os xogadores poden unirse ao xogo desde outro ordenador, visitando https://kahoot.it/ para introducir o código do xogo.
Na aplicación, pulsade Enter PIN e escribide as cifras do código PIN do Kahoot en curso. Agora o que vos queda é elixir o alcume co que desexades participar, que será o que verán o resto dos xogadores.
Ao acabardes a partida, un podio premia os que conseguiron maior puntuación. Estes datos poderán exportarse como un arquivo Excell.
Para acceder a este kahoot tedes que crear unha conta (sign up) https://kahoot.com/ e premer en buscar xogos (find Kahoots). PoñedesLetras Galegas 2018 e xa aparece.
Ligazón: https://kahoot.com/
Localización: Datas Sinaladas (Letras Galegas)
Xa queda menos para o 17 de maio, data que ninguén debería esquecer! Como xa sabedes, este ano o día das Letras Galegas dedícaselle a María Victoria Moreno Márquez. Estes son os carteis que fixemos no centro para participar no concurso sobre a autora.