Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
O martes, 8 de marzo, conmemorouse o Día Internacional da Muller. Na escola traballamos o retrato na sesión de plástica dentro dos programas de plurinfantil e pluriligüismo coa teacher Laura. O alumnado debuxou principalmente rostros de mulleres moi importantes. Algunhas delas deberían aparecer sempre en todos os manuais de historia do mundo, polas súas grandes e diversas aportacións á humanidade. E outras aínda que non aparezan son, si cabe, as máis importantes na vida da nosa rapazada. Vós: avoas, nais, irmás, amigas, tías, curmás, compañeiras, mestras... Recoñecédesvos nestes fermosos debuxos?
E na aula amarela, tamén traballaron este día con lecturas sobre a igualdade, xogos de cartas e uns bonitos debuxos engalanando un mural da clase.
Do 8 ao 12 de marzo, conmemorouse a Semana escolar da Prensa. Para ver as actividades levadas a cabo no noso centro, accede á entrada do Blog da Biblioteca: PREMENDO AQUI
O venres 29 de xaneiro conmemoramos o día da Paz e a non violencia escolar con diferentes actividades levadas a cabo nas tres aulas. Se queres ver vídeos e fotos das tarefas e os resultados preme nas seguintes ligazóns que te levarán aos blogs correspondentes:
Para conmemorar o día contra a violencia de xénero, o persoal do centro e o alumnado, participamos na elaboración dun video coma homenaxe a todas as víctimas da violencia machista, tomando prestada unha canción de Rozalén: "La puerta violeta".
Un traballo de equipo no que se integra a expresión corporal, musical e plástica, edentro dos proxectos do centro da Biblioteca, TIC e plurilingüismo.
Para ver o resultado, podedes facelo a través do noso Blog da Biblioteca: PREME AQUI
Estas son algunhas cancións e vídeos en inglés que traballamos durante este curso para que os nenos/as de educación infantil poidan ver estos días que están na casa.