CP INNOVA - 2023, PROVOCACIÓNS EN EDUCACIÓN PRIMARIA E EN EDUCACIÓN INFANTIL

O noso centro participa no programa CPInnova polo que temos a sorte de gozar de material innovador e darlle uso para divertirnos  e aprender dándolle renda solta á nosa imaxinación. 

Nun día solleiro de primavera, á primeira hora da mañá que temos máis esperta a mente ímoslle dar uso a todo o material que nos aportou o programa para realizar, no patio do centro, "provocacións".

Que son as provocacións? Son invitacións ou suxerencias que espertan interese por explorar, usar materiais e xogar partido da curiosidade e do desexo. 

Como as levamos a cabo? Os mestres e mestras fixeron unha breve creación con algún material aportado e outro recollido da natureza para semellar unha paisaxe natural, a partir da análise desta provocación o alumnado organizouse para seguir empregando o material restante modificando e ampliando dita paisaxe.

Os resultados foron espectaculares, nos que engadiron pequenos detalles convertindo a provocación inicial nunha cidade con un gran zoolóxico, estradas, vehículos, campo de fútbol...

Francesco Tonucci "Un bo xoguete é aquel que, sen ser nada en concreto, poder ser todo"

 

PARA VER A EXPERIENCIA EN EDUCACIÓN INFANTIL FAI CLIC AQUÍ 

EXCURSIÓN A OCERO, LUNS 8 DE MAIO DE 2023

CHARLA HÁBITOS SAUDABLES (2º DÍA)

CHARLA DE SAÚDE BUCODENTAL EN EDUCACIÓN INFANTIL

MENÚ ESCOLAR - MAIO 2023

SEMANA DO LIBRO 2022/2023

CP INCLÚE - T 2022/2023


FELICES VACACIÓNS DO 2º TRIMESTRE

REGRESAREMOS Á ESCOLA O VINDEIRO MARTES 11 DE ABRIL. VÉMONOS A VOLTA!

MENÚ COMEDOR ESCOLAR - ABRIL

Distribuir contido (C01 _th3me_)