Skip to Content

A RECONQUISTIÑA SE ACERCA...

Hoxe tivemos a ocasión de que nos viñeran a ensinar a tocar os nosos tambores, para preparar os ritmos que todos os coles farán na Reconquistiña. Pasámolo moi ben e estamos desexando que chegue o 25 de marzo para poder ir no desfile!!!

Recolleita e plantación

Seguimos recolectando e prantando, o coidado das prantiñas está dando os seus froitos.

 

 

.uu

VISITA ESPECIALÍSIMA

NO MES DE XANEIRO TIVEMOS A OCASIÓN DE COÑECER A VIOLA DE GAMBA CON MESTRAS DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO. DENTRO DO PROXECTO "TEACHING TO TEACH" UNHA ALUMNA DO CONSERVATORIO E A SÚA MESTRA SARA RUÍZ NOS ENSINARON A TOCAR A VIOLA.

DELEITÁTONNOS TAMÉN CUN CONCERTO, SOAMENTE PODEMOS DENDE O CEIP VICENTE RISCO AGRADECER A SÚA PRESENZA, SENSIBILIDADE E CARIÑO CO ALUMNADO DESTE COLEXIO!!!

 

 

 

DÍA DA PAZ

Visita do equipo de medioambiente de PSA

Tivemos a sorte a semana pasada de ter unha charla moi interesante do medioambiente!!!

Rogelio Méndez de como se recilan os materiais que forman parte do automóbil: aceiro, plásticos, residuos electrónicos...Grazas por vir aos integrantes de PSA, Darlim, Metalimpex,Samaín.

Unha sorte tervos con todas e todos nós!!!

 

Alice´s Adventure

" As nosas alumnas e alumnos  de 5º e 6º  disfrutaron dunha obra de teatro en inglés no teatro Afundación.
Rimos cos personaxes Tweedledum e Tweedlede, que se adaptan ós nosos tempos, pois pretenden grabar un video onde tamén aparece Mario, ( xa xavedes de que Mario falo).
Polo escenario desfilan  "the white rabbit", "dormouse" " the hatter" e por suposto, Alice.
Todos eles excentricos e, porque non dicilo, maniáticos pero encantadores, como moita xente coa que convivimos".
  

VISITA DO SECRETARIADO XITANO!!!!!!

Tivemos a sorte de contar coa visita do Secretariado Xitano pra facer dous talleres cos nenos de Infantil e con diferentes aulas de Primaria, foi un pracer tervos perto que nos contárades tantísimas cousas interesantes. Descubrindo e viaxando polo mundo e cultura xitanas.Bailamos, cantamos, reimos e aprendimos máis sobre a cultura xitana.

 

Seguimos reciclando e aprendendo de maneira divertida como facelo!!!!!!

O alumnado de Infantil, 1º,2º,3º e 4º tivemos a sorte de que nos visitara Dinoseto e nos contase cousiñas da reciclaxe, tan importante sempre para coidar o medio que nos rodea!!!

 

A ACTUACIÓN SERÁ NO AUDITORIO MUNICIPAL DE TEIS ÁS 11:00

PODEDES APARECER ÁS 10:45 PARA IR TOMANDO ASENTO

 

UN SAÚDO

 

ATTE:

 

 

Polo momento segue a actuación no auditorio de Teis ás 11 da mañá

Estade atentos a páxina, porque as 9 de hoxe se colgará definitivamente onde será o festival,polo momento a Consellería non decretou alerta laranxa coma onte. 

 

Un saúdo

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut