SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 22-23
Onte, 06-07-22, publicouse o novo regulamento do servizo de comedor escolar no BOP, así que mañá, 08-07-22 ábrese o prazo para poder solicitalo.
Entre os cambios que se recollen, figura que se abrirá un primeiro prazo para reserva de praza , que será desde o 8 de xullo ata o 17; e un segundo prazo para as persoas que acoden por primeira vez, que irá desde o 18 ao 28 de xullo.
A solicitude hai que presentala a través da sede electrónica do concello (https://sede.betanzos.gal/opencms/es/) onde, a partir de mañá, estará recollida toda a información, igual que na páxina web (https://betanzos.es/).