INFORMACIÓN ENTROIDO

 

Resultado de imagen de entroido

Estimadas familias:

Achégase o Entroido e o centro  non ten programada ningunha actividade conxunta para esta ocasión, por razón obvias.

Tampouco queremos frear a iniciativa particular nin apagar o espírito de celebración que acompañan estas datas, polo que manteremos os mandados do Meco e os publicaremos na web para quen queira seguilos. Ademais, o venres, 12 de febreiro, o alumnado que así o desexe poderá vir disfrazado ao centro de maneira libre (sen careta). Este ano máis que nunca se merece un ánimo polo mérito e sacrificio demostrado.

 

Recibide do Equipo Docente e Directivo do centro un saúdo e o agradecemento á vosa confianza e colaboración.