Complementarias e Extraescolares

Día Escolar da non Violencia e da Paz

Con motivo da conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz, dende o centro creamos o noso propio barco con alimentos saudables para reflectir a importancia do traballo en equipo e de "remar xuntos" durante este curso no que non podemos estar tan xuntos como nos gustaría.

Esperamos que vos guste!

Un Nadal especial

Neste particular curso marcado pola Covid-19, non podiamos rematar o trimestre sen resaltar o excelente comportamento de todo o alumnado no cumprimento das medidas de seguridade establecidas no protocolo. Por iso, malia que non era posible festexar o Nadal como o viñamos facendo nos cursos pasados, si tivemos algunha sorpresiña para todo o alumnado, que ben merecido o tiña antes das vacacións de Nadal.

Agradecemos á ANPA "A Nosa Escola" a súa colaboración nestas actividades.

- Concurso de Postais de Nadal.

  

- Concerto en streaming A Fraga do meu avó (Mamá Cabra)

  

- Visita de Melgasar, o carteiro real.

  

 

- Videoconferencia "Christmas traditions in Europe" (eTwinning)

  

- Debulendo lendas galegas "Contos nunha roda" (Tarabelos)

  

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Nadal 2020

ROSCO Ó RESCATE

Rosco ó Rescate é un proxecto educativo no que dende CASA GRANDE DE XANCEDA visitan os centros de primaria de Galicia para fomentar valores de coidado do medio ambiente e da biodiversidade.

Como nestes momentos non é posible, decidiron gravar esta formación para que todos os nenos e as nenas poidan desfrutala igualmente.

Premede na LIGAZÓN para acceder a ela!

AUDITORIO AFUNDACIÓN OBRA SOCIAL ABANCA 2020

09/03/2020 18:14

Saida a A fundación Obra Social ABANCA, Marzo 2019, "O lobo e a lúa"

Este Xoves, os alumnos e alumnas de 6° de infantil, acudirón a Afundación Obra Social ABANCA de Santiago para asistir ao espectáculo de  "O lobo e a lúa" Da autora Andrea Bayer. Ganador do Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Títeres na XI Edición de 2014.

 

 

Esta obra teatral e un guión de Andrea Bayer, baixo a dirección de Óscar Ferreira e Adrea Bayer. Este espectáculo e unha peza teatral moi tenrra, divertida e intrigante na que os seus personaxes conviven a pesar das diferenzas que existen entre eles. Unha obra que transcurre sempre de noite, a  luz da lúa, e onde se tratan la amizade, a superación dos propios medos e o amor.

AUDITORIO DE GALICIA 2020

 

Saida ao Auditorio de Galicia, Marzo 2020, ao Concertó didáctico " De aquí para alá".

Este mercores, os alumnos e alumnas de 5º, e 6°A de infantil, asistirón o Auditorio de Galicia en Santiago, para participar no concerto Didáctico "De aquí para alá".

  

O concerto “De aquí para alá” é unha proposta musical e teatral para público infantil e familiar de Lydia Botana, autora e directora deste espectáculo. Un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar. O formato do concerto consta dunhaposta en escea musical formada por unha instrumentación variada: dende o piano, a batería, o acordeón, os bongoes, campás, … Contamos con instrumentos típicos de cada lugar polo que iremos pasando coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas… xunto cun variado set de pequena percusión que abrangue dende pandeiretas, pao de choiva… e un sinfín de cacharradas que despertarán a curiosidade dos asistentes a este concerto. A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo.

SEGUIMOS ANTROIDANDO

Rematada a semana dos mandados, na que cumprimos fielmente co que o señor Antroido, este ano a señora Árbore, nos indicou; chegou o día grande!

     

 

E aló imos todos; caracois, paxaros, árbores, xoaniñas, píntegas, escornabois, raposos... Todo unha fraga do CEIP plurilingüe de Sigüeiro, a desfilar polo pobo e xuntarnos cos nosos compañeiros e compañeiras dos outros colexios do concello. 

   

      

De volta ao cole, a comer filloas, orellas...! E a xogar, que ben o pasamos!!!

 

GRAZAS a todos e todas os que nos axudaron para poder celebrar o antroido dunha maneira tan divertida: a papás e mamás que puxeron música en vivo coa gaita e pandeireta e que nos fixeron filloas alí mesmo no cole (todo un luxo), á ANPA que nos acompañou no desfile portándonos a pancarta, ao concello que nos brindou a súa axuda a través dos membros de protección civil... Sen a vosa axuda, todo iso non sería posible.

 

 

Mandados do Meco

17/02/2020 09:45
21/02/2020 14:00

 Rapaces e rapazas,

o Entroido vai comezar,

e aquí os mandados

que o Meco vai ordenar.

 

E ordenar, ordenou

coma todos estes anos

que estes mandados 

sexan encadeados!

Xincana pola Igualdade

Este venres, día 31 de xaneiro, os nenos e nenas de primaria participaron nunha xincana moi divertida.

Nela foron realizando diferentes xogos e actividades cun tema común: A IGUALDADE.

Debemos fomentar nos nenos e nenas un pensamento consciente polo respecto á diversidade e á empatía cos demais. A través de actividades lúdicas descubriron que non temos que discriminar a ninguén por razón de sexo e reflexionaron sobre diversas conductas habituais na vida diaria que deberiamos cambiar porque son moi discriminatorias.  

 

 

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Xincana Igualdade

2ª CHARLA DA GARDA CIVIL, ACOSO ESCOLAR

Hoxe, coincidindo coa celebración da Paz, tivo lugar no cole a segunda das charlas da Garda Civil, para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, dentro do Plan Director para a Convivencia e a  mellora da Seguridade nos Centros. A través da interpretación con roles diversos, o alumnado puido achegarse aos sentimentos que pode experimentar alguén acosado. Estiveron reflexionando sobre varios aspectos das súas relacións e sobre o dano que poden causar cando non tratan axeitadamente a algún compañeiro/a. Foi moi interesante.

 

 

 

QUE BEN O PASAMOS CON MAMÁ CABRA!

Chegou o día! Pola nosa biblioteca pasou Gloria e Tomi "Mamá Cabra". Interpretaron temas do seu libro CD "A fraga do meu avó", ademais dalgún outro, como o tan coñecido "Glu glu glu plas plas plas navegando polo mar", do que nos contou que naceu nunha aula de Infantil do noso cole. Divertímonos un montón e soubemos que as fragas están cheas de vida e de moitas curiosidades. Falounos do peto, da pega marza, da píntega, das augas dos ríos ou das fontes, das prantas que curan... E para rematar agasallámolas cunha árbore autóctona para que levasen á súa fraga, unha faia. Queremos que medre moito e que cando a miren lembren ao CEIP de Sigüeiro. GRAZAS por visitarnos!