Complementarias e Extraescolares

CONMEMORANDO O 25N

Hoxe, día 25 de novembro, continuamos coas actividades para conmemorar esta data da ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. 

  

Para traballar a Igualdade o Concello aportounos un obradoiro para o alumnado de 6º de Primaria e un contacontos para o de Infantil.

 

Visita ao Museo de Historia Natural

 

O pasado venres 18 de novembro, o alumnado de 5º de Primaria realizou unha visita guiada ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. Nela puideron reforzar e adquirir novos coñecementos sobre os diferentes ecosistemas, así como coñecer algunhas curiosidades sobre os animais das nosas fragas.

Ao final, participaron nun taller moi interesante sobre a identificación de especies.

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Este venres 28 de outubro celebramos a festa do magosto. A xornada comezou coa degustación de castañas asadas que nos preparou o castañeiro Bieito. Os primeiros en probalas foron os nenos e nenas de infantil e despois pasaron o resto de grupos de Primaria. Mentres uns comían castañas, outros participaban nos xogos tradicionais organizados no pavillón.

Na mesma xornada tivo lugar a entrega de premios do concurso de Samaín. O alumnado premiado  polas mellores cabazas, contos  e decoración de portas, foi agasallado cun conto.

                                                                                         

 

                                   

                                                                                

                                                

                    

           

           Parabéns para todos os que participaron e para os premiados/as!                                          

1ª SESIÓN DE CONTOS DE TREBOADA.

COMEZA A SEMANA DO SAMAÍN COA LECTURA DE CONTOS  DE TREBOADA. HOXE TIVEMOS A PRIMEIRA SESIÓN PARA 1º E 2º.

 

         

E CHEGOU O FIN DE CURSO

Que rápido pasou o curso! Estamos de festa, comezan as vacacións! E para celebralo, unha fantástica actuación dos MONIFATES no salón de actos do colexio...

  

... unha pequena exhibición de quad freestyle a cargo da profesora substituta de inglés Sara

 

Pero aínda non remata aí, despois a bailar cun DJ de La Gramola!

 

A disfrutar das vacacións! Bo verán!

 

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS E MAIOS

Este venres 20 celebramos as Letras Galegas e os maios no noso cole.

Empezamos cunha obra de teatro "Restaurante Farruco" interpretada polos rapaces e rapazas de 6º A, compartimos con vós un pequeno vídeo da actuación.

 

 Unha foto dos actores e actrices.

 Ao mesmo tempo o alumnado de 5 anos infantil e 4º de primaria participaba nun obradoiro de olería de Buño

Para acabar esta xornada festiva, cantamos ao redor do maio, entregamos o premio do concurso das Letras Galegas, e gozamos das marabillosas actuacións do noso alumnado, entre elas o baile por parte dun grupo de 5º de "A Pandeirada" de Florencio Delgado Gurriarán.

SAÍDA SANTIAGO - CATEDRAL

Este venres, día 1 de abril, as nenas e os nenos de 1º de Primaria visitamos Compostela para realizar a última parte do Camiño de Santiago.

Descubrimos moitas curiosidades e segredos que esconde a cidade. Ó rematar, puidemos entrar na Catedral e tamén no Hostal dos Reis Católicos para seguir coñecendo datos históricos sobre estes lugares. Sabiades que alí se bautizou Rosalía de Castro?

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Saída Santiago - Catedral - 1º Primaria