O venres día 18, visitamos o Parlamento e a Cidade da Cultura.
Complementarias e Extraescolares
POLO SAN MARTIÑO...
Polo San Martiño... ademais de comezar o tempo da matanza "mata o teu porquiño", entramos no tempo de xogar a un dos xogos máis antigos, case tanto coma a humanidade. POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO. Trompos, buxainas, peonzas... pezas xeralmente de madeira, feitas para ser bailadas sobre todo no tempo de outono. Así nolo recorda o refraneiro, xógase entre novembro ata febreiro: “Polo San Martiño (11 de novembro), peóns ao camiño; Polo San Amaro (15 de xaneiro), peóns ao faiado". ÁNIMO NENOS E NENAS A XOGAR COAS BUXAINAS!
NO MAGOSTO PASÁMOLO DE MEDO!
Por fin chegou o día. Que emoción; disfraces, castañas, xogos... Que ben o pasamos no MAGOSTO! Aínda que... con algo de medo. Polo patio atopábaste con bruxas, demos, monstros, esqueletes, pantasmas... Aaaah que susto!!! Ah claro, pero se é o SAMAÍN! Anda! ata está a Televisión de Galicia!
Grazas papás e mamás da ANPA por axudarnos tanto e por facer esas castañas tan ricas.
IMPRESIONANTES CABAZAS!
A exposición de cabazas que tivo lugar ao longo da semana foi magnífica. Foron moitas as cabazas que decoraron os nosos corredores para celebrar o SAMAÍN. A maioría inspiradas no tema que estamos a traballar na nosa biblioteca "A Literatura de viaxes". Dende o globo de Phileas Fogg de "A volta ao mundo en 80 días" ou o Nautilus de "Vinte mil leguas de viaxe submarino" pasando por "Alicia no país das maravillas" e ata "O Principiño", todas elas nos trasladaron ao mundo da fantasía. Grazas nenos e nenas e como non tamén ás familias pola vosa participación.
VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL
Este venres os nenos/as de 6º visitaron o Museo de Historia Natural da USC, que conse
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26