Complementarias e Extraescolares

Campionato Provincial de Campo a Través

O pasado 3 de febreiro a alumna Laura García Ruíz de 5º de primaria participou no Campionato Provincial de Campo a Través celebrado en Culleredo (A Coruña).

A proba tiña unha distancia duns 1200m. aproximadamente e Laura executouna de maneira moi intelixente dosificando as súas forzas a pesar da dureza do terreo e das inclemencias do tempo, rematando cun final magnífico onde recuperou moitos postos finalizando nun meritorio 11º posto.

Noraboa Laura!! E noraboa tamén a todos os/as paticipantes das fases anteriores.

Verémonos en próximos encontros.

 

Antroido 2018

O pasado venres celebramos o Antroido no noso colexio. A temática dos disfraces foi a mitoloxía: dende o mundo máxico e fantástico de Harry Potter e Hogwarts ata a mitoloxía clásica grega. Aínda que o tempo non acompañou por momentos, o alumnado do CEIP de Sigüeiro desfilou polas rúas da vila mostrando os seus disfraces e o traballo das últimas semanas.

Despois do pasarrúas, volveriamos ao colexio onde presentariamos cada disfrace ao ritmo da música no pavillón e ante a atenta mirada dos pais e nais que nos quixeron acompañar.

Por último, agardábanos unha saborosa merenda no patio composta por orellas, periquitos e filloas elaboradas alí mesmo por pais, nais, avós e avoas...

A TVG acompañounos durante esta xornada e gravou unha reportaxe que emitiu o mesmo día no matinal A Revista a partir dos minutos 8:25 e 32:45 e no Telexornal Mediodía a partir do minuto 47:10.

Xa temos o álbum completo aquí:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Antroido 2018

Mandados de Antroido

Chegou de novo o Antroido e seguindo a nosa tradición, esta semana que entra

presta moita atención e cumpre cos mandados que se citan a continuación!

 

LUNS: Se a Cíclope queres imitar, un ollo na fronte terás que pintar.

MARTES: A Penélope co seu tear has de axudar e unha lá na perna tes que enroscar.

MÉRCORES: Se Harry Potter queres parecer, unhas gafas tes que poñer.

XOVES: Para que che fagan as beiras, trae o disfrace que ti queiras.

VENRES: Para rematar, viste o disfrace para desfilar.

   

ATENCIÓN: Para que quede máis atractivo,

avisamos, é acumulativo!

Paz 2018

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Non quixemos no CEIP de Sigüeiro esquecer esta importante efeméride, xa que os nenos/as de hoxe son os adultos de mañá que poden cambiar o mundo. Por iso engalanamos o valado que separa os patios de Infantil e Primaria con tiras de bolsa branca nas que previamente escribimos palabras e mensaxes de paz. O noso obxectivo, que estas verbas non as leve o vento, senón que perduren e non se esquezan nunca!

  

    

Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Paz 2018

Concerto didáctico 5º e 6º

O luns 29 de xaneiro, os alumnos/as de 5º e 6º achegámonos a Santiago de Compostela para asistir a un concerto didáctico no Conservatorio Histórico. Foi moi divertido e ata nos convidaron a subir ao escenario para participar nalgunha canción!

 

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Concerto didáctico 5º e 6º

Fase zonal das carreiras de campo a través

O pasado sábado participamos na fase zonal das carreiras de campo a através celebradas no parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela.

A pesar de ser unha xornada algo fría e húmida pasámolo moi ben correndo nas diferentes probas e animando ás compañeiras e compañeiros. Esforzámonos moito, cansámonos un pouco pero pagou a pena vivir esta experiencia e agardamos con ilusión unha nova ocasión para compartir outro día coma este.

 

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Xogade: Campo a Través

Recepción de Melgasar

Chegou o día. Por fin lle poderiamos entregar as nosas cartas en man a Melgasar, o carteiro real das súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente. Saímos ao patio e fixemos un corredor para recibilo e saudalo. Cando por fin vimos chegar o coche que traía a Melgasar, a emoción invadiunos por completo. Despois de darnos a man e saudarnos, convidámolo a entrar ao noso cole. Encantoulle a decoración de Hogwarts e a nosa árbore de Harry Potter. En fila e por orde démoslle as nosas cartas e el preguntounos se nos portaramos ben este ano. "Claro que si!" dixemos. Díxonos que, entón teriamos algún agasallo. Despois sacamos algunha foto con el.

 Actualizadas as fotos do album:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Recepción Melgasar 2017

Nadal con Pistacatro, teatro, concertos e talleres!!!

Rematou o 1º trimestre e pasámolo en grande con todo o que tiñamos programado. En primeiro lugar o espectáculo de "Pistacatro". Rimos a gargalladas, sobre todo cando subiron as profes a boxear. Despois as obras de teatro de 5º. Que ben o fan estes rapaces! O "Quen poidera namorala" de 4º e as actuacións musicais de 5º e 6º ao violín, piano e guitarra! Menudos artistas! E por se fora pouco, os talleres de maquillaxe e peiteado de Nadal!

Dende o CEIP de Sigüeiro desexámosvos un moi bo nadal e ventureiro 2018!

Todas as fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Nadal 2017

Á espera de Melgasar!

Xa temos todo listo para a visita de Melgasar, o carteiro real, ao noso cole. E vós tedes as vosas cartas preparadas? Pois a rematalas axiña porque mañá xoves ás 10 en punto comezará a recepción no edificio de Infantil. De seguro que Melgasar repara na nosa árbore decorada con obxectos de Harry Potter. 

    

Precisarán as súas maxestades dun lentes para ler tantas cartas? E de bufandas para recorrer climas menos cálidos que os de Oriente? E se tiveran variñas máxicas ou algunha das nosas vasoiras voadoras? Igual lles podemos emprestar algo.

Pero iso non é todo, tamén seguiremos cos obradoiros de maquillaxes e peiteados de Nadal, teremos contos, teatro e concertos e, para os de Primaria, o espectáculo Pistacatro no Salón de Actos. Non o perdades!

Nadal Interactivo

Durante toda esta semana de Nadal viaxamos máxicamente ata "Laponia" para coñecer o cuarto de Papá Noel, co seu escritorio onde le as nosas cartas, coa súa cama, a súa cheminea, o seu trineo, os sacos de agasallos... Ademáis participamos en obradoiros de maquillaxe e peiteados de Nadal, asistimos a sesións de contacontos na biblioteca, obras de teatro e actuacións musicais no salón de actos.

    

Máis fotos de todas as actividades no seguinte álbum.

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Nadal 2017