Complementarias e Extraescolares

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "MULLERES POLO MUNDO"

Hoxe, 10 de marzo, tivo lugar no centro a inauguración da exposición fotográfica "Mulleres polo mundo". Organizada pola ANPA "A nosa escola" en colaboración coa asociación Troula e coa biblioteca do centro, forma parte dos nosos corredores dende o día 8, Día Internacional da Muller.Todo un éxito de participación do alumnado, que co apoio das súas familias, nos trouxeron multitude de fotos ou debuxos de mulleres nacidas fóra de España e que viven en Sigüeiro ou teñen algunha vinculación coa nosa vila. Unha destas mulleres estivo presente para contarnos a súa experiencia, e entre outras cousas agradeceu a boa acollida da xente galega cos estranxeiros/as.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER coa TVG

Hoxe, 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, levamos a cabo no centro varias actividades, todas elas encamiñadas a tomar conciencia de que as mulleres poden igual que os homes e reflexionar sobre a situación destas na sociedade. Os nosos corredores albergaron a exposición que organizaron a ANPA, a asociación Troula e a biblioteca  "Mulleres polo mundo" coa súa caravana de mulleres.

ALMORZO CON BEIZOS BRANCOS

Grazas á Obra Social "la Caixa" e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, levouse a cabo no colexio a actividade "Almorzo con beizos brancos" para o alumnado de 4º de Primaria, participante no proxecto Cookmat. Os obxectivos son sensibilizar aos nenos/as sobre a importancia que ten almorzar todos os días dunha maneira completa e saudable así como dar a coñecer o sistema productivo do leite. Contou cunha parte teórica e unha práctica na que todos/as degustaron dúas mandarinas, un vaso de leite enteiro con cacao puro e pan galego con aceite de oliva. Hmmm! Canto lles gustou!

Agradecemento a Manuel Rivas!

O semana pasada visitounos Manuel Rivas e realizamos un acto simbólico plantando un camelio para homenaxear a Rosalía de Castro. Tivemos coñecemento da difusión da actividade por parte do escritor nas redes sociais. Desde a web do centro queremos agradecerllo!

 

Visita de Malibú!

Nesta semana tan curta de 2 días, 2 e 3 de marzo, visitounos no CEIP de Sigüeiro Adriana, e trouxo con ela a Malibú, unha cadela que estivo abandonada e que agora vive na Casa Grande de Xanceda. Adriana dounos unhas charlas sobre a importancia de coidar os animais e da labor que realizan as canceiras con cans que son abandonados. 

Moitas gracias a Adriana e un pracer coñecerte, Malibú!

CHEGOU O DÍA!!!

Despois dunha divertida semana na que cumprimos cos mandados do Antroido, estamos xa de cheo nesta festa. E como vimos facendo dende hai anos no CEIP de Sigüeiro, o venres de Antroido saímos polas rúas para encher o pobo de algarabía. Este ano os disfraces versaron sobre "A literatura de viaxes". Xeniais todos, dende Pinocho ou A volta ao mundo en oitenta días ata A Mosca chosca, O Soldadiño de chumbo ou Alicia en el país de las maravillas... Estiveron representados unha chea de países. 

UNHA CAMELIA PARA ROSALÍA!

Aproveitando que estivo Manolo Rivas no noso centro, para falarnos do seu libro Bala Perdida, quixemos conmemorar o 180 aniversario do nacemento de Rosalía. Para iso plantamos unha das árbores preferidas da autora coa axuda deste grande das nosas letras. Grazas Manolo! Esperamos que a nosa camelia medre tanto como as túas obras. 

SEGUNDA SESIÓN COA GARDA CIVIL

Hoxe tivo lugar no colexio a segunda charla coa garda civil para o alumnado de 5º e 6º dentro do denominado "Plan Director para a mellora da seguridade nos centros". Esta vez o tema foi a VIOLENCIA DE XÉNERO.

 

Charla Benigno Pereira

Este mércores tivemos a sorte de contar con Benigno Pereira, xerente de Queixerías Bama e Bodegas A Corga.  Explicounos como naceron as súas empresas, como é o traballo diario, a organización  dos distintos departamentos... e como non,  as claves para o seu éxito: cooperación, traballo en equipo, liderazgo, responsabilidade, moitas das aptitudes que estamos traballando na aula co  noso proxecto HORTOCOL. Gracias Benigno e ata a próxima.