Complementarias e Extraescolares

Saída ao cine

Chega decembro e, como xa é habitual no noso cole, o alumnado de infantil realiza unha das saídas que máis ilusión lles fai: ir ao cine!

Esta vez acercámonos ás “Cancelas” para ver : “EL GRINCH” un ser verde que vive nunha cova situada no alto dunha montaña e que pretende estropearlle o Nadal ao pobo Villaquien.

Disfrutamos moito da experiencia, e recomendámosvos esta peli ao pesar do pequenos que somos, pois resalta aspectos moi importantes a ter en conta non só no Nadal.

3º e 4º visitan "Brañas de Valga"

O alumnado de 3º e 4º visitaron a aula de natureza e centro de interpretación "Brañas de Valga" situado nunha antiga telleira en Mesía. A extracción da arxila que tivo lugar na zona xerou un oco no terreo que pouco a pouco se converteu nunha lagoa. Alí explicáronlles a historia das telleiras e ata se atreveron a modelar a arxila e elaborar distintos materiais cerámicos.

   

 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> 3º e 4º van a Mesía

5º visita o Parlamento de Galicia

O pasado mércores 28 de novembro o alumnado de 5º visitou o Parlamento de Galicia.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> 5º visita o Parlamento

A nosa porta violeta

Hoxe, 23 de novembro, a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro quixo sumarse ás conmemoracións do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres. Nos días previos, o noso alumnado escenificou e gravou a canción "La puerta violeta" de Rozalén. E hoxe, na biblioteca, estreouse a montaxe do video.

Ademais, o alumnado de Infantil xunto co do CRA de Oroso asistiu á representación da obra "Martiña a soñadora" no salón de actos do colexio. Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º asistiu á lectura do manifesto do Concello de Oroso no pavillón, onde alumnos/as e mestres do IES de Oroso cantaron e bailaron "O respecto pa' cando".

 

Máis fotos pinchando nas imaxes.

O Crebanoces

O pasado venres o alumnado de 4º de Primaria desprazouse ata Santiago para asistir á representación con marionetas do clásico "O Crebanoces" no Auditorio de Galicia.

 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> O Crebanoces (Auditorio de Galicia)

Dos Contos ás Contas

O alumnado de 5º e 6º desprazouse este martes ata Santiago para asistir á representación teatral "Dos Contos ás Contas" no auditorio da Fundación A Banca. Alí coñecemos a María, unha nena inqueda e soñadora, á que lle encanta ler. Tamén ao seu aventureiro tío e ao seu pai, máis preocupado polos estudos e responsabilidades da súa filla. 

  

Magosto 2018

Por fin chegou o día. Que emoción! Este mércores 31 de outubro, celebramos o Samaín e o Magosto no noso cole. A xornada comezou coa lectura dos contos premiados no concurso de Samaín polas aulas e a entrega de premios aos autores dos debuxos e contos gañadores. Tamén ás aulas que decoraron as súas portas da forma máis orixinal.

Mentres tanto, as nais e pais da ANPA xa estaban preparando o lume para asar as castañas.

Ás 11:30, os nenos e nenas de Infantil foron os primeiros en degustar as saborosas castañas asadas. Máis tarde, pasarían por orde o resto de cursos. Que ricas estaban! Polo patio atopábaste bruxas, demos, monstros, esqueletes, pantasmas... Aaaah que susto!!! 

  

Como o patio estaba mollado, non puidemos realizar os xogos que tiñamos previstos. Así que trasladámonos ao Salón de Actos, á biblioteca e á aula de Psicomotricidade para visualizar unha peli. 

Grazas papás e mamás da ANPA por axudarnos tanto e por facer esas castañas tan ricas. Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Magosto 2018

Os Monicreques de Kukas

O pasado venres, 19 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazouse, xunto cos seus mestres, ata o Teatro Principal en Santiago de Compostela. Alí asistiron ao espectáculo Réquiem por un monicreque, representación do crime que sucedeu no teatro Scala de Milán ao finalizar o V acto da ópera Romeo e Xulieta. O traballo escénico amosa a dobre visión dunha mesma escena: dende o punto de vista do público e dende o backstage. Ao finalizar a mesma, o mestre Kukas e o seu equipo explicáronlles aos alí presentes o funcionamento das marionetas e o traballo e esforzo que supón levar a cabo unha representación coma esa. Tamén contestaron a todas as preguntas do noso alumnado.

  

Tras unha paradiña para merendar na Praza da Quintana e un pequeno paseo polas rúas da zona monumental compostelá, volveriamos ao colexio.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Monicreques Kukas

Patinaxe e hóckey.

O venres 5 de outubro durante o recreo, os nenos e nenas do noso cole que practican patinaxe e hóckey no Club Patín Oroso mostráronnos as súas dotes sobre os patíns, facéndonos desfrutar e coñecer un pouquiño máis estes deportes.

 

 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Patinaxe

Tenis de mesa

Nos primeiros días de cole, durante as clases de Educación Física, cada grupo tivo unha sesión de tenis de mesa dirixida polos compeñiros e compañeiras do Club Oroso TM. Foron unhas xornadas distintas, dinámicas e divertidas que nos achegaron á práctica dun deporte que para algúns xa era coñecido pero que para outros era novidoso.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Tenis de mesa.