Complementarias e Extraescolares

Festival Internacional Galicreques 2019

15/10/2019 21:37

O 14 de outubro de 2019 celebramos en Santiago a XXIV edición do Festival Internacional Galicreques.

   

 Os alumnos e alumnas de 5º de infantil, asistiron o CSC Santa Marta en Santiago, para participar na obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"proposta pola compañia A Xanela do Maxín. 

-A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

 

 A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…

 Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena.

 

 

Saída á Cidade da Cultura

O martes, 8 de outubro, o alumnado de 2º de primaria visitou a exposición Argallar na Cidade da Cultura. Alí puideron xogar coa arquitectura construíndo diferentes formas xeométricas coma cubos ou pirámides. Pasárono xenial!

Recreos lúdicos

A partir do mes de outubro comezamos a dinamizar os tempos de lecer con diferentes actividades durante o recreo

- Luns: Fútbol para 1º e 4º de Primaria. 

-Martes: Hortorecreos e fútbol para 2º e 5º de Primaria.

- Mércores: Hortorecreos e fútbol para 3º e 6º de Primaria.

- Xoves: Botamos un baile? no pavillón e día sen balón no patio.

-Venres: Let's Sing A Song na aula de inglés e día sen fútbol no patio. 

 

Ademais...

Toda a semana: caixón de xogos populares e de mesa, e lectura e empréstito de libros na biblioteca.

Hortocol

Setembro 2019

Este martes, día 24 de setembro, volvemos a desfrutar no centro da recolleita da nosa horta. Xa sabedes que estades convidados e convidadas a visitarnos e mercar estes produtos tan saborosos...!

Exhibición Hóckey

Hoxe, xoves día 12 de setembro do 2019, o alumnado do centro foi partícipe dunha exhibición de hóckey a patíns no pavillón do centro.

Co ánimo de acercar o deporte ós nenos e ás nenas co CEIP Plurilingüe de Sigüeiro, tamén tiveron a oportunidade de ver a antigos compañeiros e compañeiras do colexio que seguen practicando esta modalidade.

Estivo xenial!

      

Festival de Fin de Curso

Hoxe, venres 21, despedimos o curso escolar cun festival no patio do colexio. Os nenos e nenas de Infantil fixeron un mix dos anos 60, 70 e 80.

Despois virían os de Primaria. Os de bailarían ao son de "Here Comes the Sun" dos Beatles.

Os de , puxéronlle cor e calor con "Bajo el mismo Sol" de Álvaro Soler.

Os de interpretaron dúas cancións ao piano e á guitarra. A primeira delas, coñecida por todos, "No dudaría" de Antonio Flores. A segunda, "Ay, triste que vengo", un canto do século XV.

Despois tocáballes aos de , que versionaron o "YMCA" dos Village People.

Os de , expertos en festivais, fixeron un mix de Eurovisión cos seus mellores éxitos.

E os de danzaron os bailes típicos do século XX (twist, tango, vals, can-can...).

Entre tanto, entregouse o Cheque de 175€ do recaudado este curso coa venda dos productos da nosa horta. Recollérono dous membros de ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia). Tamén nos lembramos de todo o alumnado premiado en diferentes concursos durante este curso.

Antes de rematar o acto, os alumnos/as de "Botamos un Baile" repetiron o baile das cintas que realizaramos polas Letras Galegas. 

 

 Por último, o alumnado de 6º de Primaria leu un escrito de despedida e entoaron unha versión en galego do tradicional Moonlight Shadow de Mike Oldfield.

Reporteiros da Galega estiveron connosco durante esta xornada entrevistando a alumnos/as e profesores. As reportaxes emitíronse nos programas A Revista (min 2:36 e 23:28) e o Telexornal Mediodía (min 42:14).

 

 E aquí un resume en video da xornada. Boas vacacións!!!

 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Festival Fin de Curso

Muiño do Pedroso

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º disfrutou da súa excursión de fin de curso. Rutas de sendeirismo, tiro con arco, experimentos científicos e... un montón de xogos no entorno do Muíño do Pedroso en Narón. 

O álbum elixido (aid = 184) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Unha árbore, unha historia

Onte tamén tivo lugar a entrega de premios do concurso literario de relato curto "Unha árbore, unha historia" no que participaba alumnado de 5º e 6º do noso centro. O acto, promovido pola empresa Vegalsa, tivo lugar nas instalacións do supermercado Familia da nosa vila. Tras unhas palabras dos responsables do proxecto e dos directores dos dous centros educativos de Sigüeiro, procedeuse a coñecer os gañadores en cada categoría. Polo noso colexio, resultaron gañadoras Nerea Barcala de 5ºA e Julia Otero de 6ºA polos seus relatos con árbores como protagonistas. 

Despois, desprazámonos a un terreo contiguo ao supermercado para realizar a plantación de árbores autóctonas. 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Unha árbore, unha historia (Vegalsa)

Circuito de xogos no pavillón

E como onte o mal tempo impedía levar a cabo a xa tradicional Festa da Auga, esta substituíse por un circuíto de xogos no pavillón no que non faltaba de nada. O alumnado pasou por grupos polas diferentes probas. Agradecemos a colaboración da Asociación Diver-Cida que preparou a actividade.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Circuito de xogos no pavillón

Entrega de premios "Atrévete a ter unha idea"

O alumnado de 6º desprazouse ata a Cidade da Cultura en Santiago, onde asistiu á entrega de galardóns do programa "Atrévete" de Eduemprende. Entre os traballos premiados, atopábase o da nosa alumna Marta de 6ºB, que recibiu unha tablet pola súa boa idea de negocio sobre un sistema de rego de plantas aromáticas con material de refugallo que levaba por título "Pingas para aromas".

  

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Entrega de Premios Atrévete