O 14 de outubro de 2019 celebramos en Santiago a XXIV edición do Festival Internacional Galicreques.
Os alumnos e alumnas de 5º de infantil, asistiron o CSC Santa Marta en Santiago, para participar na obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", proposta pola compañia A Xanela do Maxín.
-A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…
Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena.