Información para as familias
PLAN DE ACOLLIDA PARA O CURSO 2021-2022 / INFORMACIÓN PARA FAMILIAS E PROFESORADO
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 27/08/2021 - 13:57Comezo das clases: O comezo das clases para o curso 2021-2022 será o día 9 de setembro, agás para o alumnado de 3 anos que comezará ao día seguinte co período de adaptación segundo lle corresponda.
Información xeral para as familias relativa á organización e funcionamento do centro:Entrando no documento que aparece a continuación poden acceder á información necesaria que todas as familias deben coñecer (horarios e portas de entrada,reunións iniciais, titorias, organización...)
FONDOLIBROS. PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO BENEFICIARIO DE LIBROS DE TEXTO.
Enviado por ROCÍO o Lun, 12/07/2021 - 11:23Publicadas Listaxes Definitivas de Fondolibros para Educación Primaria.
Os interesados poden consultar o expediente:
1. Accedendo á aplicación "Fondolibros" no menú "Cidadáns" coa Chave 365 ou certificado dixital.
2. No taboleiro de anuncios situado no interior do colexio.
PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDOLIBROS
Enviado por ROCÍO o Mér, 07/07/2021 - 13:26Publicadas Listaxes Provisionais de Fondolibros para Educación Primaria.
Os interesados poden consultar o expediente:
1. Accedendo á aplicación "Fondolibros" no menú "Cidadáns" coa Chave 365 ou certificado dixital.
2. No taboleiro de anuncios situado no interior do colexio.
Prazo de reclamacións: As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes ao desta publicación.
INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR
Enviado por MJVILLAVERDE o Mar, 29/06/2021 - 12:56Estimadas familias:
Seguindo as instrucións 2/2021 que regulan o funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar 2021/2022, todos os/as alumnos/as do centro, incluídos os de transporte escolar, que desexen facer uso do servizo de comedor escolar, deberán solicitar praza de comedor dende o 30 de xuño ao 8 de xullo de 2021.
A continuación deixámoslle acceso á circular coas instruccións necesarias para realizar a solicitude, así como o acceso a Autodeclaración Responsable e á Solicitude de colaboración no comedor:
- CIRCULAR INFORMATIVA SOLICITUDE COMEDOR
- AUTODECLARACIÓN (TRAER DÚAS COPIAS)
- SOLICITUDE PARA COLABORADOR COMEDOR
PRAZO: As solicitudes recolleranse ata o día 8 de xullo de 2021.
Un saúdo
A dirección
O PASO DE INFANTIL Á PRIMARIA
Enviado por Administrador o Ven, 25/06/2021 - 11:05Ola familias e alumnado!
O comezo de cada etapa educativa sempre conleva cambios e adaptacións á nova realidade. Por estas razóns, o Departamento de Orientación elaborou unhas pautas para axudarvos a afrontar cada unha das etapas educativas.
Agardamos que vos sexa de utilidade.
Un saúdo.
ABERTO O PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2021/2022
Enviado por ROCÍO o Mér, 23/06/2021 - 11:29Aberto o prazo de Formalización de Matrícula para o alumnado que acudirá por primeira vez a este centro no próximo curso 2021/2022. O prazo remata o 30/06/2021.
Horario de secretaría: Todos o días, de 12:00 a 13:30h.
A ENTRADA NA EDUCACIÓN INFANTIL
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 21/06/2021 - 10:37Para as familias do alumnado que se incorpora por primeira vez á Educación Infantil no CEIP San Vicenzo de Vimianzo, dende o Departamento de Orientación deixamos un dossier con consellos e orientacións de cara ao comezo do curso 2021/2022:
Benvidos e moita sorte!
A Orientadora
LISTAXE DE LIBROS PARA O CURSO 2021/2022
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 17/06/2021 - 10:36Nos seguintes arquivos adxuntos poden acceder ás listaxes dos libros para o curso 2021/2022:
ABERTO O PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por ROCÍO o Xov, 20/05/2021 - 14:28Mañá, venres 21 de maio, ábrese o prazo para a tramitación de solicitudes para o fondolibros e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria,ESO, EE e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2021.
Poden consultar toda a información no arquivo adxunto.
* Nota: As rendas per cápitas superiores a 10.000 euros non serán beneficiarios da axuda para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de Ed. Primaria) e/ou material escolar, agás naqueles casos onde se acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clases pasivas.
PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022
Enviado por ROCÍO o Lun, 05/04/2021 - 09:43Todo o alumnado solicitante de admisión obtivo praza neste centro para o curso 2021/2022.
Poden consultar as listaxes provisionais:
- Presencialmente. Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar.
- Telemáticamente. Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »