Saltar navegación.
Inicio

Información para as familias

ABERTO O PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

Hoxe, xoves 19 de maio, ábrese o prazo para a tramitación de solicitudes para o fondolibros e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria,ESO, EE e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

O prazo para a presentación de solicitudes na secretaría do centro rematará o día 17 de xuño de 2022, (co fin de poder completar no centro o proceso de rexistro na aplicación antes do 22de xuño, tal como dipón a convocatoria).

 

Poden consultar máis a información premendo AQUÍ.

Poden descargar os ANEXOS para a presentación da solicitude presencial a continuación:

 

Orde do 29 de abril de 2022 (convocatoria - DOG Nº 95)

 

 

* Nota: As rendas per cápitas superiores a 10.000 euros non serán beneficiarios da axuda para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de Ed. Primaria) e/ou material escolar, agás naqueles casos onde se acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clases pasivas.

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2022 - XUNTA DE GALICIA

Preme no seguinte enlace para acceder á información sobre os CAMPAMENTOS DE VERÁN 2022 ofertados pola Xunta de Galicia para este ano:

 

 

 

PUBLICADA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Publicado no BOE o Extracto da Resolución do 13 de maio de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para Alumnos con Necesidad Específica de Apoio Educativo para o curso académico 2022-2023.

 

 

Para calquera dúbida poden contactar co Departamento de Orientación no teléfono do centro: 881 866 532

 

PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

Publicadas listaxes definitivas do alumnado admitido neste centro para o próximo curso 2022/23.

 

Poden consultar as listaxes no taboleiro de anuncios situado no interior do centro ou a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVAS MATRÍCULAS PARA O CURSO 2022/2023.

Do día 1 ao 21 de marzo estará aberto o prazo para presentar, na secretaría do centro, as solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2022/2023.

para o curso 2022-2023.

Horario de secretaría: De luns a venres, de 12:30h a 13:30h.

No seguinte arquivo adxunto poden ler toda a información, así como a documentación necesaria para este proceso de admisión.

Atentamente,

A secretaria

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR CURSO 2021/22

PREMA NO SEGUINTE ENLACE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN SOBRE AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR:

SOLICITUDE DE BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Aberto o prazo para SOLICITUDE DE BECAS  E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Prazo: ata o día 30 de setembro.

 

Distribuir contido