Libros de texto
LISTAXE DE LIBROS PARA O CURSO 2021/2022
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 17/06/2021 - 10:36Nos seguintes arquivos adxuntos poden acceder ás listaxes dos libros para o curso 2021/2022:
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2020/2021
Enviado por ROCÍO o Mér, 17/06/2020 - 19:55Publicada a listaxe de Libros de Texto e material didáctico impreso para o vindeiro Curso 2020/2021.
Podédela ver no colexio e tamén no seguinte arquivo adxunto.
Listaxe de libros de texto para o curso 2014/2015
Enviado por Administrador o Ven, 27/06/2014 - 23:08
Descarga da listaxe en formato DOC
Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2014-2015 | ||
Código de Centro: 15019372 | Denominación do centro: C.E.I.P. San Vicenzo | |
Enderezo: Rúa do candil 19 | Concello: Vimianzo | Provincia: A Coruña |
Correo electrónico: ceip.sanvicenzo@edu.xunta.es | Teléfono: 981 716059 | Fax: 981 716059 |
Curso e etapa | Área)Materia/Ámbito/Módulo | Título, autor, editorial e ano de publicación | ISBN | Lingua de edición | PGLT* |
4º Educación Infantil | Lóxico-Matemática
Lecto Escritura
|
| 9788496772038
9788426380166
| Galego Castelán
|
|
5º Educación Infantil |
Lóxico-Matemática
Lecto Escritura
|
|
9788496772069
9788426380173
| Galego Castelán
|
|
6º Educación
Infantil
| Lóxico-Matemática
Lecto Escritura
|
| 9788496772106
9788415165873 9788415165897 9788415165910
| Galego
Galego Galego Galego
|
|
Curso e etapa | Área)Materia/Ámbito/Módulo | Título, autor, editorial e ano de publicación | ISBN | Lingua de edición | PGLT*
|
1º Primaria | Lingua Galega |
| 978-84-9972-081-4 | Galego |
|
1º Primaria | Lingua Castelá |
| 978-84-680-0040-4 | Castelá |
|
1º Primaria | Lingua Estranxeira |
| 978-0-19-450994-7 | Inglés |
|
1º Primaria | Matemáticas |
| 978-84-682-0142-9 | Castelá |
|
1º Primaria | Coñecemento do Medio |
| 978-84-682-0153-5 | Galego |
|
1º Primaria | Relixión católica |
| 978-84-8349-288-8 | Galego |
|
1º Primaria | Música |
| 978-84-9737-118-6 | Castelá |
|
Curso e etapa | Área)Materia/Ámbito/Módulo | Título, autor, editorial e ano de publicación | ISBN | Lingua de edición | PGLT* |
2º Primaria | Lingua Galega |
| 978-84--8224-981-0 | Galego |
|
|
|
|
|
| |
2º Primaria | Lingua Castelá |
| 978-84-680-0193-7 | Castelá |
|
2º Primaria | Lingua Estranxeira |
| 978-0-19-450995-4 | Inglés |
|
2º Primaria | Matemáticas |
| 978-84-682-0163-4 | Castelá |
|
2º Primaria | Coñecemento do Medio |
| 978-84-682-0172-6 | Galego |
|
2º Primaria | Relixión Católica |
| 978-84-8349-2895 | Galego |
|
2º Primaria | Música |
| 978-84-9737-119-3 | Castelá |
|
Curso e etapa | Área)Materia/Ámbito/Módulo | Título, autor, editorial e ano de publicación | ISBN | Lingua de edición | PGLT* |
3º Primaria | Lingua Galega |
| 9788499720685 | Galego |
|
3º Primaria | Lingua Castelá |
| 9788429477412 | Castelán |
|
3º Primaria | Lingua estranxeira |
| 9780194509961 | Inglés |
|
3º Primaria | Lingua estranxeira |
| 9780194508933 | Inglés |
|
3º Primaria | Matemáticas |
| 9788468001777 | Castelán |
|
3º Primaria | Coñecemento do Medio |
| 9788499720920 | Galego |
|
3º Primaria | Relixión Católica |
| 9788467821376 | Galego |
|
3º Primaria | Música |
| 978-84-9737-120-9 | Castelá |
|
Curso e etapa | Área/Materia/Ámbito/Módulo | Título, autor, editorial e ano de publicación | ISBN | Lingua de edición | PGLT* |
4º Primaria | Lingua Galega |
| 9788499720739 | Galego |
|
4º Primaria | Lingua Castelá |
| 9788429477702 | Castelá |
|
4º Primaria | Lingua Estranxeira |
| 9780194509978 | Inglés |
|
| Lingua Estranxeira |
| 9780194509091 | Inglés |
|
4º Primaria | Matemáticas |
| 978-84-68010083
| Castelá |
|
4º Primaria | Coñecemento do Medio |
| 978-84-99721910
| Galego |
|
4º Primaria | Relixión Católica |
| 9788467821413 | Galego |
|
4º Primaria | Música |
| 9788497371216 | Castelá |
|
Curso e etapa | Área)Materia/Ámbito/Módulo | Título, autor, editorial e ano de publicación | ISBN | Lingua de edición | PGLT* |
5º Primaria |
Lingua Galega |
| 978-84-294-9320-7 | Galego |
|
5º Primaria | Lingua Castelá |
| 978-84-8224-962-9 | Castelá |
|
5º Primaria | Lingua Estranxeira |
| 978-019-4509244 | Inglés |
|
5º Primaria | Lingua Estranxeira |
| 978-0-19-4509251 | Inglés |
|
5º Primaria | Matemáticas |
| 978-84-294-9363-4 | Castelá |
|
5º Primaria | Coñecemento do Medio |
| 978-84-667-8084-1 | Galego |
|
5º Primaria | Relixión Católica | 978-84-8349-025-9 | Galego |
| |
5º Primaria | Música |
| 978-84-9737-103-2 | Castelá |
|
Curso | Área/Materia | Título, autor, editorial e ano de publicación | ISBN | Lingua de edición | PGLT* |
6º Primaria | Lingua Galega |
| 978-84-8224-963-6 | Galego |
|
6º Primaria | Lingua Castelá |
| 978-84-294-9337-5 | Castelá |
|
6º Primaria | Lingua Estranxeira |
| 978-0-19-4509411 | Inglés |
|
6º Primaria | Lingua Estranxeira |
| 978-0-19-4509428 | Inglés |
|
6º Primaria | Matemáticas |
| 978-84-294-9383-2 | Castelá |
|
6º Primaria | Coñecemento do Medio |
| 978-84-8224-880-6 | Galego |
|
6º Primaria | Relixión Católica |
| 978-84-8349-026-6 | Galego |
|
6º Primaria | Música |
| 978-84-9737-104-9 | Castelá |
|
Vimianzo, 13 de xuño de 2014
A directora,
Asdo.: Ana Cristina García Torralba
Vales da axuda de libros para os alumnos de 5º de Primaria
Enviado por Administrador o Xov, 26/06/2014 - 12:56Tras resolverse as solicitudes do proxecto E-DIXGAL a XUNTA abriu a tramitación das axudas de libros para os alumnos matriculados en 5º de primaria para o curso 2014/2015.
Os alumnos que xa entregaron a documentación das solicitudes poden recoller os vales ata o día 2 de xullo. Se non os recollen nesa data poden recollelos en setembro.
Os alumnos que aínda non presentaron a solicitude poden facelo tamén ata o día 2 de xullo, no que remata o prazo para presentar solicitudes.
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2013/2014
Enviado por Administrador o Mar, 04/06/2013 - 11:29
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS CURSO 2013/2014
A continuación expónse un resumo da información principal en relación a estas axudas. A información completa pódese consultar no taboleiro do centro, preguntando en secretaría e tamén en internet nesta ligazón: AXUDAS LIBROS do portal educativo da Xunta.
Requisitos:
1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2013/2014, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.
Lugar e prazo de presentación:
No centro educativo ao que corresponda a matrícula do curso 2013/2014 entre o 3 de xuño e o 3 de xullo.
Documentación que se debe aportar:
-Impreso de solicitude que se pode pedir na secretaría do centro ou descargar, cubrir e imprimir do portal educativo da XUNTA nesta ligazón: impreso en pdf
-Orixinal e copia do Libro de Familia
-No caso de separación ou divorcio: orixinal e copia da sentencia de separación ou convenio regulador. Ten que figurar o titular da custodia (nai, pai ou compartida)
- No caso de que non exista Libro de Familia, certificado de convivencia expedido polo Concello que mostre a situación de convivencia familiar.
-No caso de minusvalía dalgún membro da unidade familiar computarase como dous membros. Debe xustificarse con orixinal e copia do certificado de minusvalidez (polo menos do 33%) ou pensión correspondente.
Tódolos datos persoais, familiares e de renta deben ser referidos á situación a 31 de decembro de 2011.
Contía das axudas para educación primaria:
· Familias monoparentais:
o Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 170 €.
o Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 90 €.
· Resto das familias:
o Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.
o Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €.
Cálculo da renda per cápita familiar:
a) Membros computables da familia: Serán membros computables os pais do alumno causante da solicitude sempre que convivan con el, así como os fillos menores de idade con excepción dos emancipados,. Tamén se incluén os maiores de idade con discapacidade e os fillos menores de 25 anos que convivan no domiciliofamiliar.
b) En caso de separación ou divorcio só se terá en conta o proxenitor que conviva co menor e teña a súa custodia. En caso de custodia compartida o proxenitor que non conviva co menor non se considera membro computable pero neste caso a súa renda súmase á renda familiar total.
c) No caso de que o proxenitor separado ou divorciado conviva con unha nova parella no mesmo domicilio que o menor, esta n ova parella terá a consideración de membro computable e as súas rendas tamén se incluirán no cómputo total.
Para calcular a renda per cápita se procederá do seguinte modo:
1) Na declaración da rendareferida ao exercicio 2011 bucaranse as casiñas 455 e 465. Sumamos ambas cantidades.
2) Facemos o mesmo para cada membro computable que teña presentado declaración de renda dese ano. Sumamos todas as cantidades. No caso de non presentar declaración da renda teránse en conta os ingresos netos de tódoos membros da unidade familiar.
3) Dividimos o total entre o número de membros computables da unidade familiar. O resultado é a renda per cápita familiar.
Ao presentar a solicitude é necesario que tódolos membros da unidade familiar que obtiveron ingresos no ano 2011 asinen o permiso para que a Administración verifique os datos.
Convocatoria de axuda para a adquisición de libros de texto e material da Xunta de Galicia (abrir con Mozilla Firefox)
Enviado por Administrador o Lun, 04/06/2012 - 09:58
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS DE TEXTO
CURSO 2012/2013
Prema na seguinte ligazón para acceder á información completa no D.O. G e e imprimir a solicitude:
Orde publicada no D.O.G (inclúe toda a información e os impresos de solicitude)
Só os impresos de solicitude para imprimir e cubrir
A seguinte información é parcial e resumida:
Niveles educativos para os que se convoca: Ed. Primaria, Ed. Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos.
Requisitos:
- Ser pai/nai ou titor/a legal do alumnado matriculado.
- Non repetir curso no ano escolar 2012/2013. Aínda que 1º e 2º curso de primaria quedan excluídos desta circunstancia por non ser reutilizables os libros de texto. Pódese só neste caso solicitar a axuda aínda que o alumno repita curso no periodo 2012/2013.
-Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.
Lugar de recollida e presentación de solicitudes: nos propios centros. Tamén se pode descargar a solicitude na páxina da consellería: www.edu.xunta.es. ou na ligazón da cabeceira desta páxina. A solicitude cuberta e a documentación presentarase na secretaría do centro.
Prazo de presentación: No caso los alumnos que se matriculen para o curso 2012/2013 en Ed. Primaria será do 1de xuño ao 2 de xullo, ambos inclusive. No caso dos alumnos que se matriculen no curso 2012/2013 en Ed. Secundaria Obrigatoria o prazo será do 25 de xuño ao 26 de xullo, ambos inclusive e presentaran as súas solicitudes nos instituto no que se matriculen.
Documentación que se debe presentar:
-A solicitude cuberta e firmada polo solicitante.
-Orixinal e copia do Libro de familia onde figurarán todos os membros computables da mesma. No caso de non haber Libro de Familia ou ser a situación familiar distinta da reflectida nese libro (separación ou divorcio, falecemento…) haberá que presentar certificado de convivencia, sentencia de separación ou outros documentos acreditativos da nova situación (tamén orixinal e copia).
-No caso de discapacidade dalgún membro da unidade familiar: certificado de minusvalidez igual ou superior ao 33% ou ben certificación emitida pola Seguridade Social de pensión de invalidez, ou ben documentación acreditativa da condición de ser pensionista con pensión de xubilación por retiro ou incapacidade permanente ou inutilidade. En tódolos casos orixinal e copia de dita documentación.
Contía das axudas:
Familias monoparentais:
-Renda per cápita ata 6.000 euros: 170 euros.
-Renda per cápita desde 6.000,01 ata 9.000 euros: 90 euros
Resto de familias:
-Renda per cápita ata 5.400 euros: 170 euros
-Renda per cápita entre 5.400.01 e 9.000 euros: 90 euros
Cálculo da renda per cápita familiar:
É o total da renda de tódolos membros computables da familia dividida entre o número de membros. No caso de minusvalía dalgún membro da unidade familiar contaría por dous.
No caso de ter presentado declaración do IRPF para o exercicio 2010 o cálculo para coñecer a renda total consiste en sumar as casiñas 455 e 465 de tódolos membros que fixeron a declaración. Non é necesario presentar copia da declaración.
Quen son membros comuptables:
-Os pais non separados legalmente
-Os fillos menores de idade.
-Os fillos maiores idade con discapacidade.
-Os fillos solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar.
-No caso de non haber vínculo matrimonial constitúen a unidade familiar os pais e fillos que convivan no mesmo domicilio cos requisitos anteriores, situación acreditable mediante presentación de certificado de empadroamento.
Esta información é parcial intentando recoller os puntos máis importantes. A información completa sobre esta covocatoria pódese consultar no Diario Oficial de Galicia de data venres, 1 de xuño de 2012, DOG. Num. 104.