Aprendendo das persoas con disCAPACIDADE visual
Enviado por Administrador o Lun, 04/05/2015 - 11:40Agradecerlle á ONCE e a Paula Vidal que nos prestaran este marabilloso material co que poder xogar e aprender a través do tacto, o oído e o olfato.
CAMPIONATO INTERCOMARCAL ALEVÍN DE BÁDMINTON 2014-2015
Enviado por Administrador o Dom, 03/05/2015 - 18:50- María Villaverde Ameijeiras de 5º, acadou a medalla de ouro.
- Nerea Suárez Calo de 6º, acadou a medalla de prata.
- Karina Mouzo Pazos de 5º, acadou a medalla de bronce.
Estas tres xogadoras xunto con Laura Ramos Santos de 6º, que acadou a 4ª posición neste campionato intercomarcal, conseguiron a clasificación para o campionato provincial que se disputará o vindeiro 16 de maio en Outes. NORABOA ÁS CATRO!.
Dende aquí queremos felicitar a todos/as os/as nosos/as participantes que competiron de xeito fantástico deixando o nome do Ceip San Vicenzo de Vimianzo moi alto, e tamén queremos desexarlles moita sorte aos cinco xogadores/as que nos representarán o vindeiro 16 de maio no campionato provincial en Outes. Non temos ningunha dúbida que o farán xenial. NORABOA E MOITA SORTE !.
CAMPIONATO INTERCOMARCAL ATLETISMO EN PISTA - 2ª XORNADA BENXAMÍN/ALEVÍN
Enviado por Administrador o Sáb, 25/04/2015 - 00:00Pódense consultar os resultados completos no seguinte enlace:
Visita á Escola Infantil Municipal Vimianziños
Enviado por Administrador o Xov, 23/04/2015 - 13:03CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS 2014-2015
Enviado por Administrador o Lun, 09/03/2015 - 12:21Novo éxito en campo a través de María Villaverde Ameijeiras. A alumna e atleta de 5º de primaria realizou unha impresionante carreira no campionato galego celebrado en Monterrei (Ourense) o pasado sábado 21 de febreiro, no cal acadou o 5º posto. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica do atletismo e nun circuíto inmellorable para unha proba de campo a través, María realizou unha carreira perfecta. A pesar de esvarar na saída, conseguíu recuperar posicións durante toda a proba. Foi de menos a máis, superando atletas nas dúas voltas que tiñan que dar ao circuíto. Ao final da primeira volta ocupaba a 8ª posición, posto que mantiña a falta de 300 metros, momento no cal realizou un magnífico cambio de ritmo co cal conseguíu colocarse na 5ª posición que mantivo ata a meta. Con este excelente resultado, María cerra unha tempada de campo a través que se pode calificar de impresionante, na cal acadou o campionato comarcal, o subcampionato intercomarcal e a medalla de bronce no campionato provincial. Neste mes de marzo, María comezará xunto con outros/as alumnos/as do Ceip San Vicenzo, a súa participación nos campionatos de atletismo en pista. NORABOA POLOS ÉXITOS CONSEGUIDOS, SORTE PARA AS SEGUINTES COMPETICIÓNS E A SEGUIR DISFRUTANDO FACENDO DEPORTE!.
Por cuatro esquinitas de nada
Enviado por Administrador o Sáb, 07/03/2015 - 11:3125 F - Día Internacional do Implante Coclear
Enviado por Administrador o Mér, 25/02/2015 - 11:01Xa estamos a preparar o Samaín!
Enviado por Administrador o Ven, 24/10/2014 - 12:55- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »