Na mañá do pasado venres 29 de xaneiro, celebrouse o campionato intercomarcal de campo a través. A proba tivo lugar no circuíto do Campamento Xuvenil Virxe do Loreto de Porto do Son.O Ceip San Vicenzo estivo representado por tres atletas: Lucía Roget Blanco, Ousmane Sarr e María Villaverde Ameijeiras. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica deste magnífico deporte, os/as tres representantes de Vimianzo, competiron de maneira sobresaínte acadando uns magníficos resultados. A primeira en participar foi a alumna de 5º Lucía Roget Blanco, a cal competíu en categoría alevín. Lucía realizou unha magnífica carreira. Dende a saída ata a chegada mantívose entre as quince primeiras clasificadas, entrando en meta nunha fantástica 12ª posición. O alumno de 4º, Ousmane Sarr,foi o segundo en competir, realizando unha moi boa carreira en categoría alevín. Ousmane saíu nos primeiros postos e foi quen de entrar en meta nunha moi meritoria 23ª posición, nunha proba con moitísimo nivel. A última das nosas representantes en tomar parte na proba foi a alumna de 6º María Villaverde Ameijeiras a cal acadou a medalla de prata na categoría infantil, realizando unha impresionante carreira. María situouse nas primeiras posicións dende a saída, manténdose nos tres primeiros postos ao longo de toda a proba. A falta de 300 metros para chegar á meta, María realizou un impresionante cambio de ritmo que lle servíu para acadar o subcampionato intercomarcal, véndose superada únicamente nos últimos metros por unha atleta da Atl.Barbanza.Con este resultado, María logra a clasificación para o campionato provincial que se celebrará o vindeiro día 27 de febreiro en Narón. SORTE E A POR TODAS MARÍA e fagas o que fagas en Vimianzo estaremos moi orgullosos do teu resultado!.
Con estes magníficos resultados, os/as nosos/as representantes demostran o enorme potencial que teñen como atletas e que xa viñan mostrando nos últimos anos. E RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É DESFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.
O pasado venres 4 de decembro, celebrouse o campionato comarcal de campo a través. Como ven sendo habitual nos últimos anos, a proba tivo lugar no Estadio Municipal San Paio Refoxo deCee. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica do atletismo, os/as 65 alumnos/as representantes do Ceip San Vicenzo desfrutaron practicando este magnífico deporte. Todos/as competiron de maneira fantástica esforzándose ao máximo dende o primeiro ata o último metro da carreira. Foi unha gran expericiencia para todos/as eles/as na que ademais de correr tiveron a ocasión de facer novos/as amigos/as doutros colexios ou clubs de atletismo. Todos/as, dende o/a primeiro/a ata o/a último/a clasificado/a, son gañadores polo simple feito de participar e esforzarse ao máximo dentro das súas capacidades.
En canto aos resultados, temos que destacar as 3 medallas acadadas polos/as nosos/as alumnos/as. A primeira delas chegaba na categoría alevín feminina, na cal, Lucía Roget Blanco(alumna de 5ºB), conseguía a medalla de bronce despois de realizar unha magnífica carreira na que foi de menos a máis, entrando en meta nunha extraordinaria terceira posición. A segunda medalla foi de prata e chegaba na categoría alevín masculino da man do alumno de 4ºA Ousmane Sarr. Ousmane fixo unha carreira fantástica, manténdose nos primeiros postos de carreira dende a saída e entrando en meta nunha impresionante segunda posición. Por último, na categoría infantil feminina, a alumna de 6º B, María Villaverde Ameijeiras acadaba nada máis e nada menos que a medalla de ouro. María realizou unha carreira perfecta, colocándose dende a saída nos primeiros postos e rompendo a carreira cun extraordinario cambio de ritmo a falta de 200 metros para facerse co campionato comarcal. Lucía, Ousmane e María serán os/as nosos/as representantes no campionato intercomarcal que se celebrará en Porto do Son o vindeiro 29 de xaneiro. En Vimianzo estamos moi orgullosos dos seus éxitos. Dende aquí queremos darlle a noraboa polos magníficos resultados acadados e deserxarlles moita sorte para a vindeira proba, na cal estamos seguros que o farán moi ben.
LUCÍA, MARÍA E OUSMANE
Ademais das tres medallas acadadas tamén temos que destacar os seguintes resultados :
BENXAMÍN FEMININO
UXÍA ALBORES CANOSA - 13ª
ANTÍA BUSTO LEMA - 21ª
EMMA PÉREZ GESTO - 23ª
AROA SENDÓN AMADO - 24ª
BENXAMÍN MASCULINO
HUGO CASTIÑEIRA SANTOS - 21º
MANUEL GÓMEZ LEMA - 37º
VALENTÍN ARIAS PARGA - 41º
JOSÉ ANTONIO ANDRADE CASTIÑEIRA - 51º
ALEVÍN FEMININO
LUCÍA ROGET BLANCO - 3ª
NEREA BLANCO RIAL - 15ª
NATALIA TORRER TRILLO - 17ª
ANGELA REY FIGUEIRA - 21ª
ALEVÍN MASCULINO
OUSMANE SARR - 2º
JULIÁN BLANCO ANDRADE - 20º
SAMUEL SUÁREZ GARCÍA - 30º
SAMUEL RODRÍGUEZ REGUEIRA - 34º
INFANTIL FEMININO
MARÍA VILLAVERDE AMEIJEIRAS - 1ª
ALEXIA CANOSA ROJO - 14ª
ANDREA MÉNDEZ ARJOMIL - 66ª
INFANTIL MASCULINO
FABIÁN SENDÓN AMADO - 21º
BRAIS SANTOS BARREIRO - 36º
VICTOR CANOSA GONZÁLEZ -39º
BRIAN CANOSA DA SILVA - 81º
Dende aquí queremos felicitar a tódolos/as alumnos/as que participaron polo ben que o fixeron e recordade que aínda que gañar está moi ben, O MÁIS IMPORTANTE É DESFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.
Nos seguintes enlaces pódese consultar a clasificación e visualizar reportaxes fotográficas da proba.
O pasado xoves 26 celebrouse na Serra de Outes o campionato comarcal infantil de bádminton.O Ceip San Vicenzo estivo representando por 4 xogadores/as que competiron de maneira fantástica, e o que é máis importante, desfrutaron dunha magnífica xornada de deporte na cal ademais de xogar ao bádminton tiveron a oportunidade de facer novos/as amigos/as.
Cada xogador/a disputou 2 partidos. Na categoría feminina, Ainhoa Vigo Pérez e Karina Mouzo Pazos de 6ºB, foron as nosas representantes. As dúas realizaron uns magníficos partidos. Karina demostrou un gran nivel de xogo gañando un dos seus partidos namentres que Ainhoa non foi quen de acadar a vitoria a pesar de xogar de maneira fantástica. Aníbal Calo Méndez e Brian Canosa da Silva de 6º A, foron os nosos representantes na categoría masculina. Brian competíu moi ben contra rivais con moito nivel ante os que non puido acadar o triunfo. Aníbal demostrou o seu alto nivel de bádminton logrando o triunfo nun dos seus partidos.Tanto Karina como Aníbal deberán esperar aos resultados finais para saber se están clasificados para a seguinte fase. Pase o que pase, debemos darlle a noraboa aos/ás nosos/as catro representantes polo ben que o fixeron e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É DIVERTIRSE E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.