Saltar navegación.
Inicio

LISTAS PROVISIONAIS DE ASIGNACIÓN DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO CURSO 2016/2017

As listas provisionais indican o reparto de libros existentes no fondo solidario. Todas as solicitudes foron admitidas. Non hai solicitantes excluídos do fondo solidario.

O reparto faise por lotes e de acordo coa renda per cápita dos solicitantes.

Ábrese un período de 48 horas para presentar reclamacións sobre este listado. De non haber ningunha reclamación a lista será definitiva.

Esta listaxe aínda non inclúe as adquisicións complementarias de libros que debe efectuar o centro para garantir como mínimo 6 libros para as solicitudes con renda per cápita inferior a 4.500 € e 4 libros para as rendas inferiores a 9.000 €. 

Algunhas solicitudes non teñen libros asignados na lista ou non chegan ao número que lles corresponde de acordo coa súa renda. Isto non significa que non se lles proporcionen libros se non que non os temos neste momento dispoñibles no fondo solidario do centro polo que será o centro quen os compre ata o número indicado de 4 ou 6 segundo a renda per cápita en cada caso.

 

                                                        Vimianzo, 14 de xullo de 2016

Para consultar as listas abrir os arquivos adxuntos "Lista provisional de admitidos" ou ""Lista definitiva de admitidos"

Lista provisional de admitidos.pdf

Lista definitiva de admitidos.pdf

.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2016/2017

   Publicación no DOG:Orde do 27 de abril de 2016 publicada no DOG Núm. 92 de data 16 de maio de 2016

Prazo de presentación: do 18 de maio ao 23 de xuño de 2016

Solicitantes: Pais ou titores legais dos alumnos de Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial no curso 2016/2017.

Tipo de axuda:

  • Fondo solidario de libros para 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º e 3º de ESO
  • Axuda para a adquisición de libros de texto para  1º e 2º de EP e 2º e 4º de ESO e en EE (Educación Especial).
  • Axuda para a adquisición de material escolar para todos os cursos de EP, ESO e EE.
  • Os alumnos escolarizados en EP ou ESO con discapacidade igual ou superior ao 65% que non vaian a usar libros de texto poden solicitar a axuda de libros independentemente do curso no que se matriculen.

Documentación:

  • Con carácter xeral, libro de familia no que figuren todos os membros computables da unidade familiar.
  • Só no caso de que non autoricen a comprobación dos datos de identidade: DNI dos membros computables.
  • Só no caso de que non autoricen a comprobación dos datos de facenda: Declaración do IRPF do ano 2014 ou certificado de imputacións do mesmo ano se non teñen obriga de presentar declaración. Presentarase esta documentación referida a todos os membros computables que recibiron ingresos no ano 2014.
  • Se a situación familiar a 31 de decembro de 2014 non se corresponde co libro de familia ou non hai libro de familia hai que aportar documentación que a xustifique: sentenza de divorcio ou separación e convenio regulador, certificado de defunción, certificado ou volante de convivencia.
  • O grao de minusvalía certificarase con certificado correspondente ou se igual ou 33% con resolución de recoñecemento de pensión de invalidez permanente pola seguridade social.

 

Membros computables da unidade familiar (a 31 de decembro de 2014):

1. Serán membros computables:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados (ou titores legais)

b) Fillos menores con excepción dos emancipados.

c) Fillos maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente  suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Fillos solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar.

e)  A persoa proxenitora legalmente separada ou divorciada cando haxa custodia compartida.

f) A persoa que por motivo de matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumno

 

2. Cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar estará constituída polo pai, nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

 

3. Os membros computables con minusvalía igual ou superior ao 33% contan por dous.

Determinación da renda familiar: resulta da división dos ingresos entre o número de membros computables. Os ingresos obtéñense sumando as casiñas 430 e 445 (rendementos do traballo e rendementos do aforro) da declaración da renda do ano 2014. Se non se presenta declaración por non estar obrigados haberá que ter en conta os ingresos netos sumados dos membros computables da unidade familiar correspondentes ao ano 2014.

Número de solicitudes: unha única solicitude para todos os irmáns que estean matriculados no mesmo centro que será común para o fondo solidario, a axuda para adquisición de libros de texto e a axuda para adquisición de material escolar.

Importe das axudas:Ven indicada no impreso de solicitude que se acompaña.

 

IMPORTANTE:

 

  • Para ser beneficiario destas axudas é necesario ter devolto os libros que se entregaron o curso anterior se foi o caso.
  • Este é o un resumo dos puntos máis importantes do procedemento de solicitude das axudas. A información completa ven no DOG referido ao principio ou se pode solicitar no centro.
  • No caso de separación ou divorcio se os dous proxenitores conservan a patria potestade deben asinar os dous as solicitudes.

ALUMNOS ADMITIDOS PARA O CURSO 2016/2017

Tras rematar o prazo para presentar a solicitude de admisión para o curso 2016/2017 todos os solicitantes foron admitidos segundo a seguinte relación:

Curso

A4pelidos e nome

   
 

4º Infantil

Casal Castedo, Zoe

 

4º Infantil

Lema Rama, Jairo

4º Infantil

Lires Vidal, Xoel

 

4º Infantil

López García, Marta

 

4º Infantil

Mancebo López, Antón

 

4º Infantil

Miñones Martínez, Ainara

 

4º Infantil

Pazos Lema, Alba

 

4º Infantil

Pedreira Costa, Isaac

 

4º Infantil

Pérez Sendón, Yago

 

4º Infantil

Pinzón Soto, Max

 

4º Infantil

Platas Vázquez, Raúl

 

4º Infantil

Romero Filgueira, Icía

 

4º Infantil

Soto Lema, Claudia

 

4º Infantil

Valiña Vázquez, Lorena

 

4º Infantil

Abascal Ventura, Aurora

 

4º Infantil

Aller Miñones, Alexandre

 

4º Infantil

Caamaño Bermúdez, Ian

 

4º Infantil

Calzas Moreira, Pablo

 

4º Infantil

Cernadas Ordóñez, Leo

 

4º Infantil

Collazo Gándara, José

 

4º Infantil

Esperante Varela, Sabela

 

4º Infantil

Fernández Trillo, Izan

 

3º Primaria

Calo Méndez, Zaira

 

 

Visita á policía nacional e á bolera

 

Plantando a nosa horta

Xa chegou a primavera e queriamos plantar a nosa horta, pero a chuvia non nos deixaba. Sabedes como é aquilo... en abril augas mil, e parece verdade. Tíñamos as plantas compradas, e o venres pasado a chuvia por fin nos deixou saír un momento para abonar, e o martes animámonos a plantar.

Participamos todas as nenas e nenos de infantil. As clases de 3 e 5 anos puxeron leitugas, cebolas e acelgas, a nós tocounos plantar fresas e porros. Ademais as profes puxeron tomates, tulipáns, gladiolos e xacintos. 

Esperemos que vaian arriba e a colleita sexa boa. 

 

 

Cantando, bailando e correndo pola paz

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2016/2017

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO  PARA O CURSO 2016/2017

 

O 1 de marzo ábrase o prazo para a solicitude de praza no CEIP San Vicenzo para o curso 2016/2017

Prazo de presentación de solicitudes:

do 1 de marzo ata o 29 de marzo

Documentación:

 

  • ·         Impreso de solicitude (Anexo II).
  • ·         Copia do DNI do alumno ou copia do libro de familia onde está inscrito (indistintamente).

 

Unha vez presentadas as solicitudes determinarase se hai ou non máis solicitudes que prazas vacantes. Neste último caso abrirase o prazo para presentar documentación xustificativa dos datos do baremo (dez días hábiles a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitude).

Os impresos e a información pódense conseguir na secretaría, no taboleiro de anuncios do centro ou descargar dos enlaces a continuación:

Impreso de solicitude (Anexo II)

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

 

O horario de Secretaría do CEIP San Vicenzo é de 12:10 a 13:00 de luns a venres.

 

Prazas vacantes para o curso 2016/2017:

4º Educación Infantil --> 25 (das que se reservan 3 prazas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo)

5º Educación Infantil --> 2

6º Educación Infantil --> 7

1º Educación Primaria --> 5 (das que se reservan 3 prazas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo)

2º Educación Primaria --> 28

3º Educación Primaria --> 0

4º Educación Primaria --> 23

5º Educación Primaria --> 13

6º Educación Primaria --> 19

 

Os alumnos admitidos tras rematar o proceso de admisión deberán formalizar a matrícula no centro do 20 ao 30 de xuño. Nesta ocasión terán que presentar na secretaría do centro a seguinte documentación:

 

  1. Impresos de solicitude. ANEXO III (pódese descargar do enlace publicado arriba (orde do 12 de marzo de 2013).
  2. Enquisa de relixión (tamén na secretaría).
  3. Certificado médico (cóbrese polo médico de cabeceira ou o pediatra).
  4. Impreso de Transporte Escolar se o neno vai usar ese servicio (pódese recóller tamén na secretaría).
  5. Fotocopia do libro de familia (folla na que aparece o neno).
  6. Dúas fotografías tamaño carné.
  7. Certificado de empadroamento no que aparezan tódolos membros da unidade familiar (pídese no Concello).
  8. Fotocopia da Tarxeta Sanitaria do neno feita polas dúas caras.
  9. Impreso de autorización de publicación de imaxes (pódese recoller tamén na secretaría).
  10.  No caso de separación ou divorcio dos pais, sentenza xudicial na que figure o convenio regulador.                                                                                                                                 NOTA : en caso de divorcio ou separación será necesaria a sinatura dos dous proxenitores a non ser que a patria potestade estea atribuída só a un deles.
  11. Impreso de autorización de recollida dos nenos en horario escolar. (pódese recoller tamén na secretaría)
  12. Para os alumnos de 4º de Educación Infantil (3 anos): Enquisa sobre a lingua materna. (pódese recoller tamén na secretaría)

 

Un entroido cheo de inventos

 

  

 

Presentación; a ciencia e os inventos.

O descubrimento do lume e a creación dos primeiros colares - Os trogloditas de 3 anos que veñen da PREHISTORIA.

O proceso da momificación - Os faraóns e faronas de 4 anos que veñen do ANTIGO EXIPTO.

A balanza - Os romanos e romanas de 5 anos que chegan desde o seu IMPERIO. 

  

 

 

 

A medición do tempo - Os reloxos de 1º.

Os Chupa Chups - O alumnado de 2ºA.

A calculadora - O alumnado de 2ºB.

Hypatia de Alexandría, a primeira científica - O alumnado de 3º.

 

 

 

 

 

O submarino - Os buzos de 4ºA.

O futbolín - Os xogadores e animadoras de 4ºB.

A conquista do espazo - Os científicos de 5ºB.

 

 

 

 

O termómetro - O alumnado de 5ºA.

O teléfono - O alumnado de 6º.

 

  Álbum de fotos do Entroido 2016

 

Costumes

Chegou o Entroido e os alumnos/as de 3º de primaria preparamos unha pequena actividade de inglés para traballar o vocabulario da roupa.

Primeiro tiñamos que disfrazar un boneco de papel, usando diferentes materiais (teas, papel, cartolinas e todo o que se nos ocurrira). Despois tivemos que escribir un texto sinxelo dicindo a roupa que levaban os nosos bonecos e por último presentamos os nosos traballos aos nosos compañeiros/as.

Aquí vos queda o resultado !!!!!! xenial !!!!!!

So cool !!!!!!

 

 

Distribuir contido